Publicador de contidos

Seguimos traballando para restablecer a normalidade do servizo en Betanzos

Tras finalizar a primeira fase do plan de actuación acordado conxuntamente co Concello e a autoridade sanitaria, continuamos traballando para restablecer a normalidade do servizo no Concello de Betanzos.

Lembramos á cidadanía a declaración de auga como non apta pola autoridade sanitaria ata novo aviso, o que implica manter as restricións de uso vixentes, non podendo utilizarse para inxesta, lavado de alimentos ou hixiene bucodental. Si está permitido o seu uso para hixiene persoal (lavado de mans e ducha) e limpeza doméstica. Tamén se lembra a restrición do uso de auga procedente de calquera manancial ou fonte pública non conectada á rede municipal.

Desde o Concello de Betanzos e Viaqua mantéñense,  mentres duren as restricións, a localización de tres cisternas coas que subministrar auga potable en varios puntos do municipio: avenida do Carregal, zona de Bellavista e Praza dos Irmáns García Naveira.  Así como, desde o Concello continuará funcionando o programa para abastecer de auga á cidadanía maior de 75 anos que estean nos programas de Servizos Sociais e a familias vulnerables.