Publicador de contidos

Seis empresas galegas apostan pola innovación na potabilización de augas

 

" "

O proxecto  TRIHSENS, enmarcado no programa  CONECTAPEME 2018, é exemplo de innovación, como tamén de cooperación entre pequenas e grandes empresas, así o denotan os socios que conforman o consorcio: Roca Roibás, Syspro, Ayco, Viaqua, AIMEN y Cetaqua.

O obxectivo deste proxecto de innovación consiste en mellorar os sistemas de  potabilización actuais, cara a unha xestión cada vez máis eficiente, que permita o desenvolvemento dunha solución integral para a monitoraxe en tempo real da auga de consumo humano. Esta meta supón unha aposta pola protección e a preservación deste recurso natural.

Tras os primeiros meses do proxecto, corroborouse a eficacia do uso de sensores de  fluorescencia – baseados nunha tecnoloxía LED-, que supoñen un avance na monitoraxe in situ do proceso de  potabilización. Este novo sistema garante a xestión eficiente e asegura o control exhaustivo da auga de consumo que é distribuída na cidade de Santiago de Compostela.

Esta innovadora tecnoloxía, que será instalada proximamente na Estación de Tratamento de Auga Potable (ETAP) do Tambre, está baseada en redes neuronais artificiais, as cales actúan como un sistema de predición e protección extra no proceso de potabilización da auga.

TRIHSENS promove o cambio impulsado polas novas políticas europeas mediante o desenvolvemento dunha tecnoloxía enfocada a unha xestión preventiva eficiente; á vez que segue fomentando a colaboración, a través do apoio a proxectos de investigación, desenvolvemento e innovación.

Baixo esta premisa, en 2018 deu comezo o desenvolvemento deste proxecto, que conta co apoio da Xunta de Galicia a través da Axencia Galega de Innovación (GAIN) e a Consellería de Economía, Emprego e Industria, cofinanciado con cargo a Fondos FEDER.