Publicador de contidos

Actualización do bando: Reactívase o tratamento de auga na ETAP do Tambre

Comunicado Concello de Santiago 

De acordo aos resultados das análises que veñen realizando de forma continua polo laboratorio da concesionaria do servizo, vai comezar a tratar na ETAP a auga captada no río Tambre, de modo que polo momento se poida manter a subministración en toda a cidade de Santiago. En calquera caso, esta monitoraxe dos parámetros a través de análises en diversos puntos, non só na captación, seguirá activa de modo que se poida anticipar calquera potencial problema e deter de novo o funcionamento da planta, en caso necesario, primando en todo momento que a auga que entra nos depósitos e na rede cumpre con todas as garantías sanitarias.

Seguiremos informando.