Publicador de contidos

Viaqua e Amilaxa únense pola inclusión social

Viaqua e o Centro Especial de Emprego de persoas con discapacidade, AMILAXA SERVIZOS XERAIS, asinaron o día 20 de decembro un convenio de colaboración empresarial, para o desenvolvemento de diferentes actividades en Galicia.  Amilaxa atópase situada en Fene, onde a concesionaria Viaqua leva xestionando o ciclo integral da auga desde o ano 1993.

 

" "

Amilaxa ten o obxectivo de ser o aliado perfecto de empresas institucións e autónomos considerándose como uno máis dos seus provedores de servizos xerais socialmente responsables. O capital humano desta empresa está formado por mulleres e homes con discapacidade física, intelectual, sensorial e trastorno mental.

Viaqua, conta co selo da Fundación Bequal que certifica e identifica o compromiso e esforzo da compañía coa integración laboral de persoas con discapacidade, continua co seu compromiso colaborando con Amilaxa no desenvolvemento de actividades de diferente índole e contribuíndo desta forma á creación de emprego en Galicia e á integración socio-laboral.

Os primeiros traballos realizados entre ambas entidades foron a elaboración e subministración, por parte do centro de emprego, de 580 cestas de nadal que foron distribuídas entre os traballadores e traballadoras de Viaqua.