Publicador de contidos

VIAQUA PECHA TEMPORALMENTE AS OFICINAS DE ATENCIÓN AO CLIENTE

VIAQUA PECHA TEMPORALMENTE AS OFICINAS DE ATENCIÓN AO CLIENTE

Todas as xestións poderanse realizar a través das canles de atención non presenciais que se reforzan desde este momento

VIAQUA pecha desde hoxe as oficinas de atención ao público de forma temporal. Esta medida preventiva está orientada a garantir a seguridade e saúde do noso persoal e os nosos clientes, e atópase en liña coas medidas xa tomadas previamente e coas recomendacións feitas pola Xunta de Galicia e tamén polo Goberno de España ao tecido empresarial e outras organizacións.

Todas as xestións poderanse seguir realizando a través das canles de atención non presenciais como son teléfono de atención ao cliente (900 201 230), teléfono de incidencias (900 201 250) e oficina virtual.

Na seguinte web o cliente poderá atopar información sobre as canles de atención non presenciais onde realizar as súas xestións. https://www.viaqua.gal/es/canales-de-contacto

Ademais desta,  Viaqua leva días aplicando accións preventivas para asegurar a continuidade do servizo coas máximas garantías en todos os municipios onde presta servizo, así como preservar a saúde das persoas. Estas medidas son as seguintes:

  • A compañía aplicou os protocolos de prevención ditados polas autoridades sanitarias entre o seu persoal con comunicados internos e  paneis informativos en todas as súas instalacións.
  • Canceláronse os desprazamentos en transporte con gran afluencia de usuarios e convertéronse as reunións presenciais, tanto internas como con provedores externos, en reunións por vídeo chamada e telefónicas. 
  • Viaqua está a impulsar ao máximo o teletraballo no persoal de traballadores, mentres se manteña a situación actual.
  • Viaqua tamén cancelaron as visitas técnicas e de carácter xeral de externos ás súas instalacións.