Publicador de contidos

Viaqua colabora coa Feira Franca de Pontevedra instalando fontes de época

 

" "

Os asistentes á Feira Franca, que terá lugar os días 6 e 7 de setembro na cidade de Pontevedra, terán a oportunidade de beber auga da billa en fontes de época, situadas en distintos puntos da cidade.

Con esta iniciativa  Viaqua impulsa a repercusión turística e social da Feira Franca organizada polo Concello de Pontevedra a través do uso sostible da auga da billa. O obxectivo da concesionaria é fomentar e concienciar á poboación sobre o consumo responsable da auga da billa e da súa alta calidade, instalando 15 fontes de época, deseñadas para a ocasión, por todo o espazo destinado á feira.

Viaqua, da man do Concello de Pontevedra, poñen en marcha diferentes accións que contribúen a mellorar día a día a cidade de Pontevedra.