Publicador de contidos

Viaqua contribúe a preservación da biodiversidade local co programa de voluntariado ambiental BiObserva

" "

Todos dependemos da natureza e da biodiversidade para poder levar unha vida saudable e segura. O aire que respiramos, o que comemos ou a auga que bebemos dependen dos ecosistemas e a biodiversidade. A nosa actividade no ciclo da auga depende directamente do bo estado da contorna natural e dos servizos que este nos prové. Por iso, a conservación da biodiversidade forma parte dos principais compromisos de Viaqua.

O compromiso de Viaqua por protexer e recuperar os espazos naturais concrétase en accións destinadas a concienciar e preservar a biodiversidade local das contornas onde se emprazan as súas instalacións a través do programa de voluntariado ambiental BiObserva entre os seus traballadores e traballadoras.

Este programa pioneiro e innovador diríxese a todas as instalacións xestionadas por empresas do grupo SUEZ en España e involucra os traballadores na xestión da biodiversidade dos seus centros de traballo. No ano 2018 participaron no proxecto un total de 199 voluntarios de 82 instalacións de toda España. Concretamente en Galicia realizáronse 324 xornadas de observación por parte de 14 voluntarios e voluntarias e alcanzaron máis de 3.400 avistamentos.

Con motivo do Día Mundial da Biodiversidade estase a realizar o censo de primavera nas diferentes instalacións de Ourense, Santiago de Compostela e Pontevedra, onde se está a desenvolver o programa de voluntariado ambiental corporativo de Viaqua. Na Estación de Tratamento de Auga Potable (ETAP) do Tambre, en Santiago, realizouse un censo colectivo, onde observáronse 12 especies diferentes de aves poro parte de 6 voluntarios e voluntarias, as máis frecuentes foron: Merlo, Lavandeira Branca e Verderolo, entre outros. A presenza dalgunha destas especies é indicador de boa calidade ambiental. 

A través da plataforma online BiObserva, o público en xeral pode consultar a información de aves que se avistaron nas diferentes instalacións. Deste xeito, BiObserva emprégase para analizar as tendencias poboacionais das aves europeas, coñecer o seu comportamento migratorio así como contribuír á difusión da ciencia cidadá en ornitoloxía. Toda a información en www.biobserva.com

Concurso BiOclick

Para os traballadores e traballadoras do grupo Suez está en marcha o I concurso de fotografía de biodiversidade, organizado pola Dirección de Desenvolvemento Sostible e Equidade, para celebrar o Día Mundial da Biodiversidade.

A partir do 22 de maio, envía un máximo de 3 fotografías relacionadas coa temática “infraestrutura e biodiversidade” que mostren a relación entre a biodiversidade e as instalacións ou centros de traballo de SUEZ.

Por cada fotografía presentada, SUEZ España destinará 2,5 € a un proxecto de biodiversidade.