Publicador de contidos

Viaqua distinguida co selo Empresa Colaboradora coa FP Dual

Cinco anos despois da súa posta en marcha, a FP Dual da Auga consolídase como unhas das opcións formativas con maior inserción laboral

Pola FP Dual da Auga, promovida e impulsada dende Viaqua xunto co Instituto Politécnico de Santiago, pasaron máis de 40 estudantes

 

Con motivo do décimo aniversario da posta en marcha da FP Dual, a Xunta organizou un evento de recoñemento ás empresas que colaboran coa FP Dual onde estiveron presentes empresarios, docentes e alumnos. O acto tamén  serviu para explicar as claves do éxito desta modalidade formativa e as novas liñas marcadas para consolidar un modelo que acada cifras de empleabilidade do 96,6%.

No evento estiveron presentes en representación de Viaqua o seu director, Marcos Martín, a xerente de Santiago e Zona Este, Ana Tejeiro, e a directora de Recursos Humanos, Alicia Royo.

A FP Dual está sendo unha revolución silenciosa, un exemplo de colaboración público-privada entre empresas e administracións que combina a formación no centro educativo coa actividade na empresa. Unha modalidade que ten como obxectivo crear emprego de calidade, onde o empregado conte cunha formación solvente a cargo do empregador e que o seu desempeño a curto prazo sexa maior.  En Galicia xa son 571 as firmas que apostan pola FP Dual para captar e formar talento.

Un claro exemplo de éxito é a FP Dual da Auga, colaboración entre Viaqua e o Politécnico de Santiago, que vai a polo seu terceiro ano. Alicia Royo, directora de Recursos Humanos de Viaqua, califica como “fundamental” a colaboración entre Xunta, docentes e empresas para desenvolver a Formación Profesional baixo esta modalidade que garante o relevo xeracional; “Os estudantes atoparanse unha formación cun futuro moi interesante nun sector en constante desenvolvemento. Ata agora era un sector con aspectos rudimentarios, pero que foi gañando presenza tecnolóxica e camiñando cara unha dixitalización dos servizos. Vai ser unha gran oportunidade laboral ligada á economía circular, o emprego verde… E, sobre todo, o gran valor deste modelo é o emprego de garantía, de continuidade e calidade. Parece que está de moda dicilo, pero hai que materializalo. Esta é a aposta, por iso se realiza unha gran inversión na formación, porque se están con nós non é para un ou dous meses”.