Publicador de contidos

Viaqua doa xoguetes a preto de 200 nenos e nenas en situación de vulnerabilidade

En colaboración cos concellos de Bergondo, Betanzos, Sada, Viveiro e Cruz Vermella

En tempo de Nadal, dende Viaqua colaboramos cos Concellos de Bergondo, Betanzos, Sada e Viveiro coa entrega de xoguetes para que nenos e nenas en situación de vulnerabilidade reciban o seu agasallo en Nadal. 

Esta alianza coas concellerías de Asuntos Sociais e a Cruz Vermella de Betanzos e Sada é unha mostra máis do noso compromiso social nos municipios nos que operamos, contribuíndo a apoiar ás comunidades locais. 

Persoal de Viaqua fixo a entrega no Concello de Bergondo

O noso equipo de voluntariado, formado polo persoal que está presente en cada municipio, entregou preto de 200 xoguetes que irán destinados a nenos e nenas de familias vulnerables. 

Apoiar ás persoas en situación de vulnerabilidade forma parte do noso ADN e traballamos da man con concellos e entidades sociais para levar a cabo diferentes actividades e proxectos que melloren a calidade de vida das persoas. Neste sentido, colaboramos recentemente na ‘Operación Quilo’ organizada por FEGABAN; con Protección Civil de Ourense na recollida de alimentos e xoguetes ou co programa de Cruz Vermella “Pontes cara o emprego: itinerarios pola igualdade” a través da nosa campaña ‘Vasos Solidarios’.

Entrega en Sada, na sede de Cruz Vermella

Este compromiso non só reflicte a nosa responsabilidade social, senón que tamén demostra a nosa capacidade para ser axentes dun cambio significativo e axudar a construír comunidades máis inclusivas, xustas e resilientes.

En Viveiro, o noso persoal entregou máis de 50 xoguetes