Publicador de contidos

Viaqua e Cruz Vermella colaboran coas familias de Santiago

Hoxe Viaqua fixo entrega dun donativo a  Cruz Vermella Santiago, co obxectivo de que nenos e nenas da cidade, pertencentes a familias en risco de vulnerabilidade social e económica, poidan mercar material deportivo. Unha necesidade detectada por Cruz Vermella nos pasados meses. No acto de entrega estaban presentes, a xerente de Viaqua en Santiago, Ana Tejeiro, o Presidente de Cruz Vermella, Jose Luis Barreiro, e a Coordinadora de Cruz Vermella en Santiago, Rocío Ovalle.

Esta iniciativa de Viaqua, súmase ao resto de accións desenvolvidas con Cruz Vermella na cidade de Santiago. Dende o ano 2018, Viaqua comprométese a colaborar na participación de plans de formación; accións de sensibilización sobre igualdade, a non discriminación e a xeración de mercados inclusivos; a celebración de días conmemorativos de forma conxunta; a organizar visitas guiadas as instalacións xestionadas pola empresa en Santiago e a potenciar o voluntariado corporativo, entre o seu cadro de persoal, en accións e proxectos de Cruz Vermella.

Durante este ano marcado pola pandemia mundial, Viaqua colaborou coa entidade Cruz Vermella en Galicia a través de diferentes actividades e accións de voluntariado. Entre as accións levadas a cabo pola empresa concesionaria, atópase a iniciativa “Cruz Vermella RESPONDE”, un plan integral lanzado por Cruz Vermella Española para atender a persoas en situación de vulnerabilidade por mor da pandemia da COVID-19. Deste xeito, a compañía destinou 1€ por cada novo rexistro na área de clientes da súa web, contribuíndo a ofrecer alimentos básicos durante unha semana a 30 familias galegas en situación de crise. Así mesmo, un ano máis, o persoal de Viaqua uniuse a participar no Sorteo de Ouro de Cruz Vermella para recadar fondos destinados aos distintos proxectos sociais e solidarios da entidade.

Viaqua segue apostando por ir máis aló de xestionar un servizo público, para ser unha empresa que achega valor á sociedade a través de iniciativas propias e mediante alianzas. Dentro do Plan Estratéxico de Desenvolvemento Sostible (2017-2021) de Viaqua, a empresa comprométese a contribuír ao alcance dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) marcados pola ONU mediante accións concretas e medibles.