Publicador de contidos

Viaqua entrega xoguetes e máscaras cirúrxicas infantís ás familias que máis o necesitan

A empresa concesionaria do servizo de auga,  Viaqua, colabora un ano máis cos concellos de Betanzos, Sada e Viveiro para que este Nadal todos os nenos e nenas poidan gozar do dereito ao xogo. Por iso,  Viaqua fixo entrega de preto de 200 xoguetes inclusivos, non sexistas e colaborativos a estes concellos a través de Servizos Sociais, e en Betanzos e Sada en colaboración con Cruz Vermella, para repartir entre os nenos e nenas, dos devanditos municipios, que máis o necesitan.

      " "  

  

 Entrega de xoguetes nos Concellos de Sada, Viveiro e Betanzos.

Ademais da entrega de xoguetes, Viaqua quere contribuír nestas datas tan complicadas, marcadas pola pandemia mundial da COVID-19, ao benestar social e protección da poboación galega, coa repartición de máis de 12.000 máscaras cirúrxicas infantís en 17 municipios de A Coruña e Lugo. 

Desde hai anos por estas datas,  Viaqua pon en marcha accións sociais que acheguen valor á sociedade a través de alianzas locais, buscando ir máis aló da xestión dun servizo  público. Enmarcado no Plan Estratéxico de Desenvolvemento Sostible de  Viaqua (2017-2021), a compañía comprométese a contribuír ao logro dos obxectivos de Desenvolvemento Sostible marcados pola ONU, mediante accións concretas e  medibles.