Viaqua agora é Veolia

Viaqua, a operadora de auga do grupo Veolia en Galicia con presenza en 48 concellos, cambia a súa marca a Veolia.

Este cambio de marca non modifica a esencia nin os nosos valores como compañía. Mantemos a nosa identidade, co mesmo equipo de profesionais, a mesma calidade na atención ao cliente e o mesmo compromiso firme cos concellos nos que operamos, xerando un impacto positivo no territorio. O contrato, a factura e as canles de contacto seguen sendo os mesmos: únicamente cambia a marca. Esta transición realizarase de maneira progresiva, sen necesidade de efectuar ningún trámite.

Deste xeito, Veolia, líder global en servizos medioambientais e con forte arraigamento en Galicia, consolídase como aliado estratéxico no territorio. A compañía achega solucións innovadoras e concretas para a xestión sostible da auga, un recurso esencial, especialmente ante os retos que supón o cambio climático na rexión.

En Veolia continuamos traballando para cada un dos nosos clientes, coa dedicación e o servizo de sempre, baixo unha marca que nos impulsa a ir máis alá no coidado das persoas e do medio ambiente.