Publicador de contidos

Viaqua é recoñecida a nivel nacional polo seu compromiso coa mobilidade sostible

A Asociación Española de Gestores de Flotas y de Movilidad (AEGFA) premiou as boas prácticas na xestión da flota de Viaqua nun acto en Madrid

Viaqua acaba de ser recoñecida pola  Asociación Española de Gestores de Flotas e de Movilidad (AEGFA), recibindo a acreditación de flota ecolóxica, nunha gala que tivo lugar o luns 22 de novembro en Madrid. Esta distinción, supón o recoñecemento das melloras realizadas por Viaqua nos últimos anos na súa flota de vehículos, no ámbito da eficiencia enerxética, redución de emisións contaminantes e de efecto invernadoiro.

" "
Acto de entrega recoñecemento Viaqua
 

Co obxectivo de reducir as súas emisións directas de CO2, Viaqua está a levar a cabo, en todo o territorio galego, accións encamiñadas a loitar contra o cambio climático: melloras na eficiencia enerxética, compra de enerxía verde, transformación cara unha mobilidade sostible, así como a redución da súa pegada de carbono, son algunhas das actuacións que recolle o seu Plan Estratéxico en Desenvolvemento Sostible.

Neste sentido, a empresa está traballando no desenvolvemento dun programa asistido de traballo, supervisado por un equipo técnico especializado de AEGFA. Dentro de este programa, a empresa está levando a cabo un proxecto de optimización de rutas, cun control GPS dos vehículos nas zonas, que permiten traballar de forma máis eficiente e reducir as emisións de CO2. Tamén se están planificando formacións sobre condución eficiente para o cadro de persoal, así como incorporar un manual de condución eficiente en todos os vehículos de empresa.

Actualmente, Viaqua conta cunha frota de case 300 vehículos en Galicia, dos cales o 68% son turismos con motores ecolóxicos, 16 das súas furgonetas son eléctricas e o 89% dos vehículos dos mandos intermedios son sostibles. Valores que a empresa se compromete a ir incrementando ano tras ano, ata alcanzar o 100%, co obxectivo combater o cambio climático cunha estratexia de mobilidade, que garanta a transición cara unha frota sostible, en liña coa Axenda 2030 de Nacións Unidas e os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS).