Publicador de contidos

Viaqua organiza un obradoiro de escritura creativa no IES de Sar

Onte, o alumnado do bacharelato artístico do IES de Sar recibiu un obradoiro de escritura creativa organizado por VIAQUA, coa intención de dotalos de ferramentas e coñecementos para que poidan participar na VII Edición do seu Certame Literario. O obradoiro, impartido pola redactora creativa Adriana Guede, contou coa supervisión do poeta Baldo Ramos, e foi todo un éxito.
Viaqua abre, desta forma, o prazo para recibir relatos curtos do seu Certame Literario “Relatos de Auga intelixente”, dirixido ao alumnado de entre 12 e 17 anos, que cursen estudos de ESO ou bacharelato/FP. 

Nesta nova edición, a sétima, a temática que deberán tratar os participantes será o impacto que teñen os produtos non degradables no medio e nas redes de saneamento, como bastonciños, compresas, tampóns, máscaras, etc ao desbotalos polo retrete en lugar de no lixo. Viaqua busca concienciar aos máis novos a través da creatividade e da arte. Por iso mantén as dúas modalidades de participación: relato curto clásico e relato curto creativo, onde poderán enviar relatos en formato poesía, banda deseñada, fotografía e texto, entre outros.

Os interesados en participar poderán enviar os seus relatos, de máximo 200 palabras, ao email certamenviaqua@gmail.com entre o 11 de decembro de 2020 e o 11 de febreiro de 2021.

Entregaranse premios (tablet, ebook, tableta gráfica…) na categoría ESO e na categoría bacharelato/FP así como ao centro escolar que maior participación de alumnos rexistre.

Consulta as bases ao VII Certame Literario aquí.

Ampliación do prazo presentación relatos.