Publicador de contidos

Viaqua organiza unha xornada de voluntariado ambiental na beira do río Miño en Ourense

Viaqua organizou unha xornada de voluntariado ambiental no Concello de Ourense á beira do río Miño. Unha actividade na que participou voluntariado corporativo da compañía

 

Esta acción, enmarcada dentro do programa europeo Let´s Clean Up Europe e do programa Veolia Cares, grupo ao que pertenece Viaqua, ten por obxectivo concienciar ao persoal sobre a importancia dun consumo responsable e do impacto dos residuos que xeramos no medio onde vivimos. Para iso, persoal de Viaqua, AquaOurense e Cetaqua, participaron nunha xornada de limpeza de residuos á beira do río Miño na cidade das burgas. 

Durante a actividade de concienciación e de limpeza, as preto de 20 persoas voluntarias clasificaron e contabilizaron os máis de 100 quilos de residuos recollidos, entre os que destacaron unha bicicleta, un colchón, unha sinal de tráfico así como numerosas botellas de plástico, cabichas ou latas. 

En Viaqua levamos anos traballando na concienciación á cidadanía sobre o coidado da auga e o medio ambiente a través de programas educativos, visitas ás nosas instalacións ou iniciativas de voluntariado ambiental, onde a implicación do persoal da compañía así como de concellos e outras entidades é fundamental para contribuir á consecución dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible da ONU, concretamente ao ODS 12, Produción e consumo responsables.

Ata a actividade achegáronse membros da corporación municipal do Concello de Ourense para interesarse pola actividade. O noso director, Iván José Vicente, agradeceu o seu “interese e a colaboración para levar esta xornada a cabo. Así como a implicación de todo o persoal que dedicou a súa mañá a coidar das nosas contornas”. 

A nosa directora de Desenvolvemento Sostible, destacou que “grazas a estas actividades fortalecemos o noso vínculo nas contornas onde traballamos e concienciámonos sobre a importancia do seu coidado para asegurar un futuro verde e sostible”.