Publicador de contidos

Viaqua organizou unha cata de auga na ETAP Coiñas-Ourense

" "

A ETAP de As Coiñás, en Ourense, acolleu esta mañá unha cata de auga organizada para os representantes dos medios de comunicación da cidade, no transcurso da cal, a técnico de laboratorio Rosa Martínez animou a todos os asistentes a beber máis auga da billa “porque é á que máis controis se se somete”. Ademais a auga da billa dixo “é máis barata, máis saudable e respectuosa co medio ambiente”.

Diariamente realízanse probas de control da auga, desde a súa captación en ríos e encoros, ata a distribución e nos propios domicilios de particulares, pasando polo súa potabilización. O pasado ano analizáronse en Ourense cidade un total de 5.000 parámetros.

Os participantes na cata, entre os que se atopaba o concelleiro de Medio Ambiente do Concello, José Araujo, valoraron catro augas diferentes entre as que se atopaba a que beben os ourensáns das billas nas súas vivendas.