Publicador de contidos

Viaqua pon en marcha a VI edición do Certame Literario “Relatos de auga intelixente”

Cartel Certame Literario "Relatos de auga intelixente".

Viaqua abre o prazo para recibir relatos curtos da sexta edición do Certame Literario “Relatos de Auga intelixente”, dirixido a alumnos e alumnas de entre 12 e 17 anos, que cursen estudos de ESO ou Bacharelato/FP.

Esta nova edición céntrase na presenza de plásticos no medio ambiente, ríos, mares, océanos e como afecta as nosas vidas. A finalidade é concienciar, a través da literatura, sobre os problemas sociais, económicos e ambientais derivados do uso de plásticos, así como as medidas que se poden empregar nas cidades e núcleos de poboación de menor tamaño, e no noso día a día, para conseguir vivir nun mundo máis sostible.

A mocidade interesada en participar poderá enviar os seus relatos curtos, de máximo 200 palabras, ao correo certamenliterario@viaqua.gal entre o 4 de novembro de 2019 e o 31 de xaneiro de 2020. Esta edición quere potenciar a creatividade dos nenos e nenas propoñendo dúas modalidades de participación: relato curto clásico ou relato curto creativo, neste último poderán tirar de imaxinación enviando relatos curtos en formato poesía, cómic, fotografía e texto, entre outros, que non superen as 200 palabras.

Entregaranse premios na categoría ESO e na categoría Bacharelato/FP así como ao centro escolar que maior participación de alumnos rexistre.

Consulta todos os requisitos e premios descargando as bases.