Publicador de contidos

Viaqua premiada polo seu compromiso coa prevención de riscos laborais

" "

Viaqua foi premiada cun dos accésit, na categoría de Gran Empresa, dos Premios Escolástico Zaldívar á prevención e a saúde que concede Fraternidade-Muprespa anualmente. Esta distinción foi grazas ao proxecto ”Cultura Justa”, recoñecendo así a Viaqua como unha empresa comprometida coa prevención de riscos laborais, que demostrou estar a executar actuacións para mellorar a seguridade e saúde dos seus traballadores, máis aló do estrito cumprimento da normativa de prevención. Julio Masid, Director de Viaqua, foi o encargado de recoller o premio durante unha gala que tivo lugar hoxe no Hotel  Villareal, Praza das Cortes de Madrid.

O premio conseguido por Viaqua é pola posta en marcha do proxecto "Cultura Justa" promovido polo Grupo Suez e iniciado na empresa no ano 2017. A iniciativa está dirixida a todos os traballadores e ten como obxectivo impulsar o enfoque positivo da seguridade e a saúde, fomentando a declaración espontánea dos eventos e non tolerando as transgresións.

Viaqua quixo destacar a implicación e participación dos traballadores non só no proxecto presentado, senón en todas as accións de prevención de riscos laborais que se están levando a cabo na empresa como a redución na sinistralidade laboral e a incorporación de hábitos saudables, entre outras.

O evento tivo lugar na semana na que se celebra o Día Mundial da Seguridade e Saúde no Traballo, aproveitando para recoñecer o traballo que grandes e medianas empresas como  Viaqua,  Adif,  Tragsa ou  CEMEX, entre outras, están a realizar mediante o impulso de iniciativas que garanten a implantación da cultura preventiva no ámbito laboral.