Publicador de contidos

Viaqua promove o consumo intelixente de auga da billa para celebrar o Día Mundial da auga

" "

En Viaqua celebraremos o día 22 Día Mundial da auga, unha data á que nos sumamos ano tras ano desde que a Organización das Nacións Unidas así o estableceu, co propósito de reivindicar a necesidade de garantir o acceso universal a este recurso limitado e promover a xestión sustentable do mesmo.

Solucións baseadas na Natureza” é lema oficial de 2018, ano no que desde  Viaqua queremos fomentar o consumo intelixente da auga da billa, sendo esta a auga máis controlada do mundo de acordo á normativa vixente, ademais de producir innumerables beneficios para a nosa saúde.

Durante toda a semana programáronse diversas actividades en todo o territorio que van desde a instalación de carpas informativas nas cidades de Santiago e Ourense, a xornadas de portas abertas nas instalacións de depuración e potabilización que xestiona a empresa; pasando polos actos de entrega dos premios  aos escolares gañadores da IV edición do Certame Literario “Relatos de auga intelixente”, ou a nova actividade da celebración dunha cata auga na  ETAP de  Coiñás en Ourense para os medios de comunicación ao obxecto de que coñezan e distingan todas as características físicas e  organolépticas do líquido elemento.

Para os máis pequenos, a aventura de Aqualogía regresa aos centros educativos dos centros escolares naqueles municipios nos que está presente a marca, e que dá a coñecer a través de divertidos experimentos e recursos interactivos, o ciclo urbano da auga.

A cidade de Ourense acolleu xa o pasado día 15 un novo  Aquae  Talent  Hub, o terceiro que se celebra en Galicia, con gran éxito de participación; e por outra banda,  Viaqua patrocina o Foro do Correo Galego: "Natureza para a auga: a eficiencia na xestión da auga” con destacados relatores e unha posterior mesa de debate.

Xa nas redes, e a través do noso perfil de twitter @ VIAQUA tamén nos sumaremos á campaña oficial e difundiremos todas as nosas actividades co  hashtag # todoesagua Síguenos e celebra connosco o Día Mundial da auga!