Publicador de contidos

Viaqua e Cruz Vermella Santiago reforzan a súa alianza

 

" "

Viaqua e Cruz Vermella Santiago renovaron a súa colaboración, vixente dende 2018, co obxectivo de desenvolver programas formativos e informativos relacionados co ciclo integral da auga e o medio ambiente. Viaqua segue apostando por ir máis aló de xestionar un servizo público, para ser unha empresa que achega valor á sociedade santiaguesa a través de iniciativas propias e mediante alianzas, comprométese a contribuír ao alcance dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) marcados pola ONU mediante accións concretas e medibles.

Con este acordo, Viaqua comprométese a colaborar na participación de plans de formación; accións de sensibilización sobre igualdade, a non discriminación e a xeración de mercados inclusivos; a celebración de días conmemorativos de forma conxunta; a organizar visitas guiadas as instalacións xestionadas pola empresa en Santiago e a potenciar o voluntariado corporativo, entre o seu cadro de persoal, en accións e proxectos de Cruz Vermella.

Este acordo firmado súmase as accións levadas a cabo entre Viaqua e Cruz Vermella Santiago nos últimos anos, como son a entrega de xoguetes inclusivos a nenos e nenas da cidade, pertencentes a familias en risco de vulnerabilidade social e económica, a realización de obradoiros de reciclaxe, para concienciar da importancia de facer un uso responsable do residuos e da auga, e un proxecto de aforro enerxético nas instalacións de Cruz Vermella en Santiago.

A última iniciativa a que se adheriu Viaqua, e que aínda está activa é a campaña “Cruz Vermella RESPONDE”, un plan integral lanzado por Cruz Vermella Española para atender a persoas en situación de vulnerabilidade por mor da pandemia do COVID-19. Viaqua destinará a esta causa 1€ por cada cliente novo que se rexistre na área de clientes ata o 30 de setembro.

No acto da firma estaban presentes o Director de Viaqua, Julio Masid, e o Presidente de Cruz Vermella, Jose Luis Barreiro. Esta alianza prolongarase, como mínimo, ata xullo de 2021.