Publicador de contidos

Viaqua visibiliza o papel das mulleres no sector da auga

 

Viaqua. Mulleres líderes por un futuro igualitario no mundo da COVID-19. "Sigamos avanzando nun ambiente de equidade e igualdade de oportunidades a nivel laboral para mulleres e homes". Leticia Rodríguez. Directora de Desenvolvemento Sostible.

Con motivo do Día Internacional da Muller, que se celebra anualmente o 08 de marzo,  Viaqua súmase á chamada de Nacións Unidas, marcada este ano polo lema “Mulleres líderes: por un futuro igualitario no mundo da COVID-19”. Tal e como indica o informe “As repercusións da Covid-19 nas mulleres e as nenas”, elaborado por Nacións Unidas, a COVID-19 agravou as desigualdades xa existentes en todas as esferas, da saúde á economía, da seguridade á protección social. 

Xa sexa nas estacións de tratamento de auga, nos laboratorios, nas oficinas ou facendo teletraballo, as mulleres de  Viaqua, polo seu compromiso diario coa preservación da auga e do  medio ambiente, así como a súa colaboración na loita colectiva contra a COVID-19, son protagonistas do cambio. A empresa quere aproveitar este día especial para poñer en valor as iniciativas de todas as súas profesionais para garantir a subministración da auga a todas as persoas e impulsar unha recuperación económica sostible.

En  Viaqua, a equidade e o respecto efectivo á diversidade forman parte dos principios da empresa. En todos os ámbitos da organización, impúlsase unha cultura que garante a igualdade de oportunidades para todas as persoas. Viaqua, a través do seu plan estratéxico comprometeuse a incrementar o número de mulleres en postos de responsabilidade. Para iso, a concesionaria marcouse como obxectivo alcanzar un 33% de mulleres en posicións de liderado para 2021, xa logrou un 40% en 2020−. Así mesmo, está a impulsar programas de mentoring −como o programa  BootCamp Impulsa, dirixido a mulleres para impulsar o desenvolvemento profesional de traballadoras da organización−, plans de igualdade e medidas de conciliación e flexibilidade, contribuíndo ao cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible da ONU. En 2020, celebrouse a Semana da Equidade, Diversidade e Inclusión coa participación de expertos e expertas na materia co fin de lograr unha cultura de equidade dentro da empresa.

Para descubrir algunhas das mulleres que traballan en Viaqua e que participaron na loita da empresa para paliar os efectos da situación derivada da pandemia, Viaqua desenvolverá en Twitter, durante toda a semana, a campaña de comunicación dixital: #MulleresViaqua.