Publicador de contidos

Protexe as túas instalacións do frío

 

" "

Numerosas instalacións hidráulicas sofren roturas e problemas de conxelación durante o inverno por mor das fortes xeadas. Mediante actuacións básicas e simples, poderíanse evitar estes problemas que provocan as baixas temperaturas, afectando ás instalacións interiores, conducións de auga, contadores; chaves de paso, billas en garaxes e/ou á intemperie, regas de xardíns, etc, sobre todo en urbanizacións, vivendas illadas e chalés.

A concesionaria de auga Viaqua, propón unha serie de recomendacións para previr avarías nas instalacións durante a época invernal:

• Verificar o conxunto das súas instalacións, billas, caldeiras, contador, etc. A miúdo basta cunha simple revisión dos mesmos para evitar graves consecuencias.

• Ao primeiro síntoma de conxelación, protexer todas as conducións de auga con algún material illante, por exemplo fibra de vidro.

• Se non se utiliza a auga por un período de tempo prolongado, pechar a chave de paso e baleirar as tubaxes, para evitar que quede auga dentro.

• Se as instalacións mostran problemas de conxelación, efectuar canto antes as correccións pertinentes. Pola contra, é posible que estas se repitan ano tras ano.

No caso de que sexa tarde para previr e haxa que aplicar unha solución, Viaqua recomenda:

• Non forzar as chaves de paso.

• Aplicar aire quente e nunca facer fogatas nas arquetas nin xunto aos contadores.

• En caso de dificultade, non dubidar en acudir a un profesional.

Este tipo de incidencias poden ter importantes consecuencias na factura e provocar danos innecesarios na súa vivenda.