Publicador de contidos

Viaqua e o Concello de Betanzos poñen a disposición da cidadanía cisternas de auga potable

Dende Viaqua colaboramos co Concello de Betanzos mobilizando tres cisternas coas que subministrar auga potable á veciñanza en varios puntos do municipio.

O primeiro destes puntos instalarase este mércores 31 de maio en O Carregal, comenzando a funcionar a partir das 20:30h. Durante o xoves 1 de xuño, unha segunda cisterna estará a disposición da cidadanía durante a mañá neste mesmo punto. Esa mesma tarde será trasladada á praza García Naveira, localización onde prestará servizo nos vindeiros días. O venres 2 de xuño, colocarase unha terceira cisterna na explanada de Bellavista, a carón do centro de formación municipal. 

Ás cisternas instaladas en O Carregal e Bellavista poderase acceder en coche para facilitar o transporte da auga, e na praza García Naveira só se poderá acceder andando. Todas as cisternas estarán dispoñibles mentres a situación o requira para dar servizo a toda a cidadanía que o desexe.

Precisamente, á espera de poder determinar a orixe do gromo, e tendo en conta a limitación do consumo de auga, ponse en marcha o reparto de garrafas a persoas de máis de 75  anos que viven soas, persoas con problemas de mobilidade ou familias vulnerables que figuren como usuarias dos programas de servizos sociais. Calquera outra persoa que cumpra estes requisitos e necesite a subministración de auga envasada pode solicitalo contactando con Servizos Sociais no 981 770 707 en horario de mañá e no 606 309 925 en horario de tarde.