Publicador de contidos

Viaqua e a Asoaciación Hostalaría Compostela firman un convenio de colaboración

O acordo foi asinado pola xerente de Viaqua, Ana Tejeiro, e o presidente da Asociación Hostalaría Compostela, Thor Rodríguez.

Viaqua e a Asociación Hostalaría Compostela veñen de asinar un acordo de colaboración onde se comprometen a poñer en marcha campañas de apoio ao sector hostaleiro e á celebración de días conmemorativos de xeito conxunto.

O primeiro achegamento será no Día Mundial da Auga, que celebramos o vindeiro 22 de marzo, e onde Viaqua participará no I Encontro do Viño Galego Revera Vinum, que promove a asociación e onde Viaqua organizará a charla ‘Dixitalización e optimización da rega en viñedos como mellor forma de optimizar os recursos e aumentar a produtividade’, que será impartida por Antonio Sainz, director xeral e cofundador de Qampo.

Viaqua e Qampo propoñen sistemas que permitan a monitoraxe e análise de parámetros agronómicos e ambientais co fin de optimizar a produción, a calidade e a sustentabilidade ambiental, así como reducción dos riscos.

Esta será a primeira parte dunha colaboración que se marca como obxectivos desenvolver actividades en beneficio do tecido hostaleiro e a sociedade compostelá, e que se aliña cos obxectivos de Desenvolvemento Sostible marcados por Viaqua.