Publicador de contidos

Viaqua e a Cámara de Comercio de Santiago de Compostela renovan o seu convenio de colaboración

Viaqua e a Cámara de Comercio de Santiago de Compostela firmaron un novo convenio de colaboración co obxectivo de seguir fomentando a cooperación entre as dúas entidades. Ambas destacan a importancia das alianzas entre as entidades públicas e privadas  para afrontar os retos do futuro e avanzar cara un desenvolvemento sostible e responsable de Santiago de Compostela. Este convenio é unha mostra máis da aposta pola colaboración en beneficio da sociedade. 

O novo acordo asinouse na sede da empresa no polígono do Tambre, o AquaHub A Vila da Auga. Na rúbrica estiveron presentes o director de Viaqua, Iván José Vicente, a xerente de Viaqua en Santiago de Compostela, Ana Tejeiro, e a directora de Marketing e Comunicación, Sonia Delpont. Por parte da Cámara de Comercio, acudiron a nova presidenta, María Pais, e a secretaria xeral, Rosa Mary Cardeso. 

Representantes da Cámara de Comercio durante a visita ao AquaHub A Vila da Auga, a nosa sede

Coa renovación deste acordo, Viaqua, empresa concesionaria da auga en Santiago de Compostela, segue reforzando o seu vínculo con diferentes asociacións santiaguesas, incluíndo organizacións empresariais, institucións públicas, universidade e asociacións veciñais. O director de Viaqua quixo destacar  o “a labor que a Cámara de Comercio fai polas empresas da comarca e reforzar o compromiso de Viaqua por fomentar as relacións con todos os axentes sociais. Estamos seguros de que xuntos podemos acadar grandes metas e xerar un impacto positivo en Santiago de Compostela”. 
Por parte da Cámara de Comercio, a súa presidenta, María Pais, destacou “a importancia deste tipo de acordos de colaboración con empresas tractoras no seu sector como é Viaqua. A sinatura deste documento servirá, sen dúbida, para fomentar a colaboración, cooperación e apoio mutuo entre ditas organizacións en beneficio do tecido empresarial da contorna”.