O proxecto TRIHSENS, enmarcado no programa CONECTAPEME 2018, ten o obxectivo de desenvolver unha solución integral para a monitoraxe en tempo real da auga de consumo humano, garantindo, deste xeito, a xestión eficiente e a protección dun recurso vital como é a auga.
O consorcio do proxecto está formado por pemes e grandes empresas como: Viaqua, líder do proxecto e Ayco, Roca Roibás e Syspro. Este consorcio contará á súa vez coa colaboración dos centros de investigación AIMEN e Cetaqua Galicia.
Ten un orzamento total de 878.533,30€ e o apoio da Xunta de Galicia a través da Axencia Galega de Innovación (GAIN) e a Consellería de Economía, Emprego e Industria. Está cofinanciado con cargo a Fondos FEDER no marco do eixo 1 do programa operativo Feder Galicia 2014-2020.
Esta innovadora tecnoloxía, será instalada na Estación de Tratamento de Auga Potable (ETAP) do Tambre, en Santiago de Compostela.
Consulta as noticias do proxecto
- Noticia primeira anualidade
- Noticia segunda anualidade
- Noticia evento TRIHSENS Novembro 2019
- Noticia terceira anualidade
- Noticia evento final
EVENTO FINAL