Servicio durante COVID-19

COVID-19 FAQs

Desde Viaqua queremos transmitir á cidadanía das poboacións nas que xestionamos o servizo municipal de auga que os servizos de abastecemento e saneamento están plenamente asegurados coas mesmas garantías, calidade e seguridade que ata o de agora. Os actuais procesos de tratamento e os parámetros de control da auga de consumo garanten a calidade sanitaria e non se ve afectada pola actual situación. A compañía está en todo momento en comunicación coas autoridades sanitarias á fronte da situación actual..

  • Seguimos traballando con normalidade

    En Viaqua, en coordinación cos concellos, implantamos un conxunto de medidas preventivas encamiñadas a protexer a seguridade sanitaria de todos os nosos empregados, así como a garantir o funcionamento normal das redes de subministración que operamos. A creación de equipos independentes de traballo operativo, o reforzo das medidas de hixiene, a implantación do teletraballo e o aprovisionamento de material necesario para asegurar a continuidade do servizo son algunhas das diferentes iniciativas que levamos a cabo.
  • Non estamos a realizar cortes de subministración

    Durante este período interrompemos calquera corte de subministración por falta de pagamento. Viaqua nunca corta a auga a ninguén que non pode pagar. Ademais, temporalmente, detivemos os vencementos dos informes de vulnerabilidade para manter a protección especial destes colectivos.

    Si te encuentras sin agua, consulta el apartado de obras y afectaciones de nuestra web para comprobar si existe alguna avería en la red que te pueda estar afectando.
  • Apoiamos a traballadores autónomos ou PEMEs afectados pola crise do coronavirus

    Conscientes desta situación procedemos a axustar a estimación do teu consumo desde o pasado 14 de marzo ata que salgamos do período de Alarma.

    Se non puideses facer fronte ao pago da túa factura contacta connosco a través da páxina web e analizaremos as diferentes posibilidades que temos para axudarche.
  • Suspendemos temporalmente a lectura do contador

    Mentres dure o estado de alarma non se levarán a cabo as lecturas. Realizaranse estimacións de consumo baseadas no mesmo período do ano anterior.
  • Seguimos atendendo as avarías

    Os nosos equipos técnicos seguen ao pé do canón para atender as avarías que se poidan producir tanto nas redes de distribución como de saneamento. Seguimos á túa disposición para atender incidencias as 24 horas do día. Estes días hai menos operadores/as atendendo as chamadas, polo que pedímosche que teñas un pouco de paciencia ou nos contactes a través doutras canles.

    Na nosa web atoparás información sobre cortes de subministración na rede e a previsión de restablecemento do servizo. Consúltaa antes de chamar ao noso teléfono de incidencias.
  • Suspendemos temporalmente a repartición da factura en papel

    Temporalmente, e mentres dure o estado de alarma, suspendemos a repartición de correspondencia. Lembra que podes atopar todas as túas facturas na oficina virtual e que nolas podes solicitar a través de calquera das nosas canles de contacto.
  • Podes continuar realizando as túas xestións comerciais

    Ante o peche das oficinas de atención ao cliente, reforzamos as canles de atención non presencial. Podes contactar connosco a través de calquera destas canles.

 

Canles de contacto

Recibe todo o noso apoio nestes momentos difíciles que estamos seguros que superaremos xuntos moi pronto.