Publicador de contidos

Catas de auga para celebrar o Día Mundial do Medio Ambiente

" "

Tradicionalmente, dise que a auga é inodora,  incolora e  insípida, pero iso non é totalmente certo, ten matices. Na semana na que se celebra o Día Mundial do Medio Ambiente, Viaqua quixo poñer a proba o olfacto, vista e gusto de distintas personas tanto en Santiago de Compostela como en Pontevedra.

Durante a cata os participantes puideron adestrar o olfacto, o gusto e descubrir diferentes matices de catro tipos distintos de auga, embotelladas e da billa. En Santiago organizouse unha cata con "mamás instragramers", pais e un obradoiro de reciclaxe de plásticos para os seus fillos e fillas.  En Pontevedra, a cata estivo dirixida a diferentes personalidades da cidade entre os que estiveron o Alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo F. Lores, concelleiros e concelleiras, Iñaki Bretal, chef do Grupo Nove, representantes de SETGA, da Asociación de Hostaleiros de Pontevedra e membros do Club Waterpolo Pontevedra, entre outros. 

Adoitamos clasificar a auga como “boa” ou “mala” en función dun aspecto claramente subxectivo, o seu sabor, sen valorar outros aspectos que deberían guiarnos á hora de elixir a auga que bebemos. A seguridade, debido a que a auga que sae pola billa é a máis controlada, a sostibilidade, a auga da billa é a máis sostible porque non xera plásticos e a  economía, é a máis económica, beber auga embotellada custa entre 500 e 1.000 veces máis que a da billa.

Como resultado da cata, as augas de baixa mineralización foron as mellor valoradas, algunhas augas procedentes da billa son consideradas de baixa mineralización pero poden producir certo rexeitamento por matices de sabor a cloro. O que os participantes non sabían é que o cloro é un elemento obrigatorio o cal garante a seguridade da auga que se bebe.