Publicador de contidos

Dia Mundial da Educación Ambiental: coidemos do planeta para coidar da nosa saúde

Coidar dos recursos naturais do noso planeta é fundamental no momento actual. Debemos sensibilizar á cidadanía para sumar esforzos e avanzar xuntos para acadar os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible plantexados na Axenda 2030. A educación ambiental é fundamental para entender a importancia de respectar o medio ambiente, contribuír á conservación dos recursos naturais e lograr sociedades sostibles. 

Para poñer en valor todo este traballo, cada 26 de xaneiro celébrase o Día Mundial da Educación Ambiental coa finalidade de concienciar ás persoas acerca da importancia de preservar e protexer o medio ambiente, así como incentivar a participación en alianzas para a súa conservación. Os principais obxectivos do Día Mundial da Educación Ambiental son os seguintes:

  • Sensibilizar e concienciar ás persoas acerca dos problemas medioambientais da súa contorna, buscando xerar alternativas e solucións.

  • Destacar a importancia do medio ambiente e o equilibrio entre sociedade e natureza.

  • Incentivar a adopción das medidas necesarias para solucionar os problemas medioambientais. 

Con esta finalidade, ao longo de todo o ano desenvolvemos programas escolares, visitas a instalacións e museos e numerosas iniciativas de colaboración social. En Viaqua sabemos da importancia da concienciación cidadá para lograr un futuro sostible e os axentes implicados debemos coidar como se merece un ben tan escaso e importante para a vida como a auga. Para logralo, levamos a cabo diferentes programas e actividades:

Aqualogía

Aqualogía é o programa educativo no que os escolares coñecen o ciclo integral da auga e aprenden como facer un uso responsable deste recurso. A raíz da pandemia da Covid-19 levouse a cabo unha renovación do programa educativo, tanto no contido como no formato, onde Aqualogía dixitalizouse para garantir o acceso aos contidos e recursos didácticos, xa sexa na aula ou desde a casa. A consolidación da nova plataforma virtual, incorporando novos contidos en colaboración co influencer David Calle, onde se tratan temas como o cambio climático, a escaseza de recursos ou a enerxía entre outros. No ano 2022, as actividades de concienciación do programa Aqualogía concienciaron a máis de 1.700 nenos e nenas que puideron achegarse a descubrir como é o ciclo da auga a través de experimentos e material didáctico especialmente deseñado para eles. 

Certame Liteario “Relatos de Auga Intelixente”

Colexios de toda Galicia participan neste concurso dirixido a escolares de 12 a 17 anos e que este ano celebra a súa novena edición. Máis de 3.400 alumanos e alumnas participaron e trataron temas como o consumo responsable de auga ou a auga como un recurso finito e imprescindible para a vida. A finalidade deste certame literario é concienciar sobre o uso que realizamos da auga e cambiar os nosos hábitos acerca dun ben tan escaso como necesario, así como reflexionar sobre os cambios que podemos chegar a realizar para vivir nun mundo máis sostible. Unha iniciativa coa que colaboran actúando como xurando Augas de Galicia, a Universidade de Vigo e Polo Correo do Vento.

" "
Visita alumnado FP Dual EDAR Ourense

Visitas ás nosas instalacións

Co obxectivo de mostrarlle á cidadanía como xestionamos o ciclo integral da auga, en Viaqua sempre temos abertas as portas das nosas instalacións. Desde hai anos realizamos visitas e xornadas de portas abertas con grupos de escolares, asociacións locais e outros colectivos interesados en coñecer de primeira man todo o proceso de tratamento, distribución e depuración da auga no seu municipio. Durante o ano 2022, máis de 1.000 persoas visitaron algunha das nosas instalacións, especialmente grupos de escolares de primaria e secundaria que se achegan coñecer como xestionamos o ciclo da auga, alumnado de FP e graos relacionados coa nosa actividade.

Campañas de sensibilización

Ao longo do ano levamos a cabo diferentes campañas de sensibilización en datas sinaladas como o Día Mundial da Auga, o Día Mundial do Medio Ambiente ou o Día Mundial do Saneamento. Xunto a outros axentes sociais tamén levamos a cabo iniciativas como a campaña “Nos sumidoiros, só auga de chuvia” para concienciar sobre o uso incorrecto dos sumidoiros. Unha iniciativa onde colaboramos co Concello de Santiago, Asociación Hostalería Compostela e as asociacións comerciantes e empresarios Compostela Monumental e Proxecto EM-REDE. 

Voluntariado corporativo 

O persoal de Viaqua está firmemente comprometido na loita contra o cambio climático e na protección dos espazos naturais participando e poñendo en marcha diversas actividades e programas que contribúen á sensibilización medioambiental. 

Un dos nosos programas de voluntariado ambiental de maior éxito é BiObserva. Un proxecto de ciencia cidadá onde os participantes son persoal que traballa nas plantas de tratamento de augas como ETAP´s ou EDAR´s. Un proxecto que implica directamente ao noso persoal, proporcionando información clave á cidadanía sobre a conservación da biodiversidade local, comezando pola contorna natural dos centros que xestionamos.

O ano 2022 foi moi fructífero para este tipo de iniciativas. Logo da pandemia, moitos proxectos volveron poñerse en marcha e tamén apareceron moitos novos. Unha das maiores alegrías do ano foi a plantación do ‘Bosque Viaqua’.  Unha iniciativa que naceu do apoio á candidatura do Carballo de Conxo como ‘Árbore Europea do 2022’, e onde voluntariado da Vila da Auga plantou 325 carballos que conforman fronte á nosa sede.

Outra iniciativa de voluntariado corporativo, ligada a educación ambiental, que se recuperou foi a que se enmarca no programa europeo Let´s Clean Up Europe, co que levamos anos colaborando e que desta volta nos levou a organizar coa Asociación Amicos e o campamento de verán da USC, unha xornada de voluntariado ambiental na que ademáis de limpar a beira do río Sar, en Santiago de Compostela, realizamos actividades e xogos para concienciar da importancia de coidar do medio aos máis de 100 voluntarios e voluntarias que participaron.

Somos axentes activos na concienciación cidadá sobre o coidado da auga e o medio, por iso, todas estas accióna englóbanse nos nosos compromisos en desenvolvemento sostible para preservar e fomentar a biodiversidade na nosa contorna, e un nexo común de moitas delas é que están especialmente enfocadas na rapazada. A educación ambiental é fundamental para as novas xeracións. Eles e elas serán os que teñan que tomar decisións decisivas para o noso futuro e atopar solucións para frear o cambio climático ou o estrés hídrico. O futuro está nas súas mans!