Publicador de contidos

Viaqua contribúe ao reto de respirar un aire máis limpo

Cartel "Actuemos xuntos por un planeta mellor"

Viaqua, líder na xestión integral do ciclo da auga, está plenamente comprometida co coidado da calidade do aire e coa redución da súa pegada de carbono, un indicador que mide as emisións directas e indirectas de gases de efecto invernadoiro provocadas por un produto ou servizo ao longo do seu ciclo de vida. En concreto, en 2018 o 100% da enerxía consumida por  Viaqua era procedente de fontes de enerxía verde, reducindo así as súas emisións en 21.783  Tn de CO2 (equivalentes ao CO2 que captura un bosque duns 416 piñeiros).

Desde Suez España marcouse unha ‘folla de ruta” na loita contra o cambio climático e a contaminación atmosférica, é o chamado Plan Estratéxico de Desenvolvemento Sostible (2017-2021), estreitamente ligado aos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) aprobados por Nacións Unidas en 2015 xunto coa Axenda 2030. Para 2021, Viaqua reducirá nun 90% as súas emisións de CO2 derivadas do consumo eléctrico, seguindo a ruta do Plan Estratéxico de Desenvolvemento Sostible.

Para favorecer a mobilidade verde, o 21% dos turismos de  Viaqua son híbridos ou eléctricos e o 5% das furgonetas son eléctricas, o que supón que o 26% da súa frota é sustentable (e esta porcentaxe aumenta cada ano).

Viaqua é tamén pioneira na transformación das tradicionais depuradoras de augas residuais en biofactorías, que permiten reducir as emisións de CO2 e minimizar a pegada de carbono. Como é o caso da EDAR de Ourense, considerada a “ Biofactoría Norte” grazas á Unidade Mixta  CIGAT- BIOFACTORÍA desenvolta por  Cetaqua e  Viaqua co apoio da Xunta de Galicia.

A calidade do aire é un valor importante dentro da cultura empresarial de  Viaqua, que avoga por un novo modelo de relación co planeta. A loita contra o cambio climático e a consecución dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible é un reto que nos afecta a todos.