Iniciativas locais

Publicador de contidos

Concienciamos con programas educativos

Desenvolvemos o noso labor pedagóxico sobre o ciclo integral da auga a través de programas educativos como Aqualogía ou os certames literarios, chegando a escolares de toda Galicia para conciencialos sobre a importancia da auga e o medio ambiente, formar no coñecemento dos ciclos natural e urbano da auga, e fomentar hábitos de consumo responsable deste recurso. Estas actividades inclúen o programa educativo Aqualogía, agora 100% dixital,  charlas en escolas, talleres participativos, concursos de relatos ou de vídeo. Moitas destas accións realízanse en colaboración coas administracións públicas locais, organizacións sen ánimo de lucro e cunha gran participación de escolas.

En 2022 concienciamos a 1.323 escolares no uso sostible da auga. 

Relatos de auga intelixente. Entre todos podemos facer cidades intelixentes.

Convocamos a X Edición do Certame Literario

Poñemos en marcha a X Edición do Certame Literario “Relatos de Auga Intelixente” dirixido a alumnos e alumnas de entre 12 e 17 anos que cursen estudos de ESO, Bacharelato ou FP de centros educativos das localidades nas que xestionamos o servizo. O obxectivo deste concurso é contribuír á difusión da cultura da auga, implicar á xuventude no uso sostible deste recurso e no coidado do medio ambiente, a través da literatura e no que participaron máis de 3.500 estudantes de toda Galicia.

A temática da décima edición é "Un día sen auga: como sería un día no que a auga non estivese dispoñible no teu municipio".

O alumnado interesado poderá enviar os seus relatos curtos, de máximo 200 palabras, ao correo certamenviaqua@gmail.com ata o 12 de xaneiro de 2024.

Consulta aquí as bases da X Edición do Certame Literario 

Descarga o cartel desta edición.

Participa enviando o teu relato a certamenviaqua@gmail.com

Organizamos visitas ás instalacións

Para mellorar o coñecemento e a concienciación da cidadanía no ciclo integral da auga e os seus subprocesos organizamos visitas formativas ás instalacións e xornadas de portas abertas.  No ano 2019 máis de 2.000 persoas (escolares, universitarios e grupos de adultos) visitaron as nosas instalacións e coñeceron de primeira man os procesos de depuración e potabilización da auga.

Colaboramos coa inclusión sociolaboral

Traballamos con organizacións como COGAMI, Fundación ONCE e o Programa Incopora da Obra Social da Caixa, cos que contribuímos a incorporar ao mundo laboral a persoas con algún tipo de discapacidade. Tamén colaboramos con empresas como INSERGAL, coa finalidade de conseguir a inserción sociolaboral de persoas desempregadas en risco de exclusión social.