Publicador de contidos

Achegamos ao alumnado da ETSE como estamos aplicando a intelixencia artificial no sector da auga

  • No encontro púxose en valor a importancia da dixitalización na xestión do ciclo integral da auga, con proxectos como EDAR 360

Continuamos coa nosa aposta por achegar o coñecemento ás aulas e fomentar espazos participativos co alumnado. Co obxectivo de seguir creando sinerxias de colaboración en innovación coa Universidade de Santiago de Compostela, Cetaqua, o noso centro tecnolóxico da auga, compartiu co alumnado da ETSE como estamos abordando a dixitalización e a aplicación da intelixencia artifical no ciclo integral da auga.

Proxectos como EDAR 360, achegan esta disciplina ao tratamento de augas depuradas en Galicia a través de tecnoloxías dixitais de computer vision, ciberseguridade e robótica industrial para mellorar a eficiencia dos tratamentos de depuración. O consorcio deste proxecto que lideramos está formado por SYSPRO e EDNON e contou coa participación do Instituto Tecnolóxico de Galicia (ITG) e Cetaqua Galicia para o desenvolvemento de tecnoloxías.

EDAR 360, iniciativa apoiada pola Xunta de Galicia a través do seu programa Conecta Hubs, avanza na dixitalización do sector da auga mediante o desenvolvemento de solucións intelixentes que permiten o control e a optimización dos procesos de depuración de augas residuais, aliñándose así coas directrices europeas que promoven a modernización do sector da auga a través da innovación e a dixitalización.