Publicador de contidos

Alumnado do Máster de Enxeñaría Ambiental da USC realiza prácticas nas instalacións de Viaqua

O alumnado do Máster de Enxeñería ambiental da Universidade de Santiago de Compostela(USC) está a realizar as súas prácticas nas instalacións de depuración ( EDARs) e  potabilización ( ETAPs) que xestiona  Viaqua nos municipios de Ourense, Pontevedra, Santiago e Betanzos, grazas ao convenio asinado entre a institución compostelá e a empresa. Este acordo ten o obxectivo de promocionar e impulsar a xestión e tratamento de augas no ámbito do ensino e da investigación universitaria.

Desta forma, os estudantes poderán aplicar os coñecementos adquiridos de forma teórica có fin de afrontar diversos problemas relacionados có ámbito laboral e comprender a metodoloxía de traballo empregada pola empresa. Así, adquirirán competencias para avaliar a operación dunha EDAR urbana, recoñecer carencias e deficiencias e propoñer solucións de mellora, coñecer ferramentas de control de proceso e planificación de mantemento de equipos das instalacións de depuración, de xestión e reporte de datos técnicos e económicos, aprender regras básicas de prevención de riscos laborais en instalacións de depuración e aspectos do armazón administrativo e das competencias dos organismos públicos en materia de augas en Galicia.

Có fin de axudar economicamente aos estudantes de primeiro ano do máster,  Viaqua financiou un programa de catro bolsas, cunha dotación, cada unha delas, de 250 euros. Os candidatos foron seleccionados a partir dunha convocatoria que se fixo pública desde a coordinación do Máster, previo acordo coa empresa. En función do establecido nas bases, os participantes tiveron que presentar un traballo en formato libre sobre un tema que tivese relación coa xestión e tratamento de augas. Unha comisión representativa das dúas entidades seleccionou os estudantes beneficiarios das bolsas.

Este Máster acaba de revalidar a 1ª posición na clasificación de mellores másteres 2021/2022 do xornal El Mundo na rama de  medioambiente, posto que ocupa desde o ano 2015. A clasificación reúne 250 programas de máster de distintas universidades e escolas de negocios en 50 especialidades. Para elaboralo analizáronse 25 criterios de selección, divididos segundo a demanda do máster os recursos humanos, plan de estudos, resultados e medios materiais.