Publicador de contidos

Alumas do colexio Maristas de Ourense achéganse ao mundo da ciencia e tecnoloxía a través do programa educativo Aquae STEM

Viaqua, a través da súa fundación, a Fundación Aquae, puxo en marcha hai tres anos o programa educativo Aquae STEM co obxectivo de fomentar as vocacións científicas e tecnolóxicas, especialmente nas nenas de educación primaria. En colaboración co Concello de Ourense, este programa estase levando a cabo en catro colexios da cidade: Maristas Santa María, Luis Vives, Divina Pastora e Divino Maestro

Esta mañá, a xerente de Viaqua en Ourense, Ana Tejeiro, a directora de Desenvolvemento Sostible, Leticia Rodríguez, e a directora de Marketing, Sonia Delpont, acudiron acompañadas do concelleiro de Educación e Comercio, Antonio Fernández, a unha sesión do programa no centro educativo Maristas Santa María." "

Entrega do recoñecemento ao Concello de Ourense e ao Colexio Maristas
 

“Coa posta en marcha deste programa buscamos achegar ás nenas as carreiras relacionadas coa ciencia e a tecnoloxía, onde hoxe en día a presenza feminina segue sendo minoritaria, por debaixo do 30%”, explicou Ana Tejeiro, a xerente de Viaqua en Ourense. Ademais, agradeceu “a colaboración e implicación tanto do Concello de Ourense como dos colexios participantes”.

Pola súa parte, a directora de Desenvolvemento Sostible, expresou a súa satisfacción por “ver como se desperta o interese das máis novas pola ciencia e a tecnoloxía a través de actividades prácticas e a resolución de retos. A igualdade, o traballo en equipo e a creatividade son a base dos profesionais do futuro”.

O programa educativo Aquae STEM realízase en 8 centros educativos galegos e en 50 a nivel nacional. En Ourense, desenvólvese dende hai tres anos da man de Viaqua e do Concello.

Ana Tejeiro e Leticia Rodríguez coas nenas participantes
 

Aquae STEM consta dunha serie de actividades prácticas deseñadas para espertar o interese das alumnas polas materias STEM. Baséase no plantexamento e a superación de diversos retos, empregando a innovación e a creatividade como vehículos para inspirar ás alumnas. Isto inclúe debates e actividades onde se plantexan desafíos relacionados co desenvolvemento sostible e o mundo da auga, que deberían resolverse mediante o deseño, a programación e a construcción de prototipos coa axuda dun kit con material que estará a disposición de cada participante. Ademais, realízanse charlas online con mulleres referentes no mundo da ciencia como a astrofísica Nanda Rea ou a bióloga mariña Alicia Pérez-Porro. Con estas actividades, preténdese visibilizar estas profesións con exemplos femininos reais que inspiren ás alumnas que participan no programa.