Publicador de contidos

O colector marrón chega aos colexios de Ourense da man do proxecto Ecoval Sudoe

O Concello de Ourense e Viaqua promoven a participación dun colexio ourensá no proxecto ECOVAL para a revalorización dos seus residuos orgánicos

O CEIP de Seixalbo aportará os residuos do seu comedor escolar á planta piloto ubicada na EDAR de Ourense

O proxecto Ecoval Sudoe, Estratexias de coordinación de xestión e valorización de lodos e residuos orgánicos na rexión SUDOE, entra este 2022 nunha nova fase. Tras demostrar con éxito a tecnoloxía de conversión de lodos de depuradoras a ácidos graxos volátiles, compostos que se converten en produtos como pinturas, lubricantes ou adhesivos na industria química e petroquímica, a Estación Depuradora de Augas Residuais (EDAR) de Ourense cambiará agora de materia prima para valorizar residuos orgánicos recollidos selectivamente, que procederán dos colectores instalados no colexio Seixalbo de Ourense.

O comedor do colexio converteuse así en suministrador de biorresiduos coa que operará a planta piloto co fin de obter ácidos graxos volátiles. Así, o centro involúcrase tamén na campaña de educación ambieltan “Outro colector, que marrón!”, cuxo obxectivo é concienciar ás persoas mozas sobre a importancia da correcta separación dos residuos, con énfase no quinto colector e as características dos residuos orgánicos. O CEIP Seixalbo, é un centro público do concello de Ourense moi implicado na concienciación medioambiental do seu alumnado, coa organización de talleres sobre a separación correcta de residuos, a creación dunha horta escolar, actividades de compostaxe e agora a participación neste proxecto europeo de investigación.

Representantes de Cetaqua, líder do proxecto, da concellaría de Educación do Concello de Ourense, e de Viaqua, acudiron en persoa ao centro para presentar o proxecto e sentar as bases da colaboración. O Concello de Ourense e Viaqua, socios asociados ao proxecto, apoian e impulsan a iniciativa, posicionando a cidade de Ourense e, en especial, a súa depuradora como referente absoluto en biofactoría, coa aposta polo desenvolvemento de tecnoloxías verdes e a economía circular.

Castela e León, representada no proxecto a través da Fundación Patrimonio Natural, xunto co Concello de Palencia e Aquona, quenes tamén respaldan a iniciativa, tamén se involucrarán no suministro de residuos orgánicos a través de colexios, para concienciar sobre a importancia do coidado do medioambiente e impulsar á súa vez o modelo de biofactoría.

Importancia do enfoque Ecoval

Na rexión Sudoe, que abrangue as comunidades españolas (excepto Canarias), as rexións do sudoeste de Francia, as rexións continentais de Portugal, Xibraltar e o Principado de Andorra, cada individuo xera 136kg de residuos orgánicos ao ano. Acádase así a xeración de 11 millóns de toneladas de residuos orgánicos anuais, 9 dos cales son restos de comida. Actualmente, o 65% destes residuos incinérase ou deposítase no vertedoiro, debido a unha baixa implementación da recollida selectiva.

Ademais dos socios previamente citados, participan neste reto a Universidade de Santiago de Compostela, a Fundación Empresa-Universidade Galega, o Instituto Nacional de Ciencias Aplicadas de Toulouse, Nereus, Aguas do Tejo Atlántico e a Empresa Municipal de Ambiente de Porto. O consorcio, confinanciado polo Programa Interreg Sudoe a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, conta ademais co apoio de 31 socios asociados.