Publicador de contidos

"O talento non entende de xénero e por iso non podemos perder ao 50% da sociedade"

Durante os últimos tres cursos académicos, alumnas de 2º a 6º de primaria de 8 colexios de Galicia foron coñecendo e profundando nos segredos das distintas especialidades científicas a través do programa educativo Aquae STEM, impulsado por Viaqua e a súa fundación, a Fundación Aquae.

A súa implicación e esforzo víronse recoñecidos na terceira edición dos Premios Aquae STEM, uns galardóns que destacan o compromiso e o traballo realizado polas alumnas de 2º a 6º de Primaria e docentes dos centros escolares implicados neste programa educativo que ten por obxectivo fomentar o interese das estudantes polas carreiras STEM (siglas en inglés de Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñaría e Matemáticas).

O acto de entrega destes recoñecementos puxo o broche á fin da primeira edición deste programa trienal que se puxo en marcha en outubro de 2019 para contrarrestar a fenda de xénero constatada nos ámbitos científicos e técnicos. En España aínda persiste o “teito de cristal” no mundo académico e laboral e a presenza de mulleres en carreiras científicas limitase ao 28,5% do total, só un 21% de mulleres ocupan cátedras universitarias, e apenas o 25% forman parte do profesorado investigador, segundo as conclusións do último informe Científicas en Cifras, elaborado polo Ministerio de Ciencia e Innovación.

" "

Entrega do recoñecemento ao colexio Divina Pastora de Ourense

Tres anos despois, Aquae STEM está integrado no plan curricular de 8 colexios de 3 cidades galegas. A nivel nacional, o programa beneficia a máis de 2.500 alumnas de 2º a 6º de primaria de 52 colexios de sete comunidades autónomas. Máis alá das cifras, o balance destes tres cursos escolares confirma que o método activo, práctico e inclusivo de Aquae STEM, converte ás estudantes nas protagonistas, proporcionándolles experiencias didácticas, fomentando a confianza nas súas capacidades científico-tecnolóxicas e mostrándolles referentes femininos destas áreas, logrando propiciar o interese das escolares por estas carreiras universitarias.

“O programa Aquae STEM é o exemplo de que grazas á colaboración, e ás alianzas, as nenas non vexan as ciencias como algo inalcanzable” comentou durante o acto a directora de Desenvolvemento Sostible de Viaqua, Leticia Rodríguez. Os valores que representa Aquae STEM “son indispensables para contribuír á recuperación económica, social, sostible, diversa e inclusiva”. Por último, Rodríguez destacou que con Aquae STEM demóstrase que “o talento non entende de xénero e que non podemos perder o 50% da sociedade”.

Un dos colexios galegos participantes, o Divina Pastora de Ourense, foi galardoado co premio á Mellor Solución Grupal polo seu aporte coas mellores solucións aos retos propostos polo programa Aquae. Durante a entrega participaron alumnas e profesoras do colexio e Sara Dacal, coordinadora de programas educativos da concellería de Educación do Concello de Ourense.