Publicador de contidos

As estudantes de hoxe serán as científicas que resolverán os retos futuros.

O 11 de febreiro é o Día Internacional da Muller e a Nena Na Ciencia, unha celebración anual adoptada para promover o acceso e a participación plena e igualitaria das mulleres nos campos da ciencia, tecnoloxía, enxeñaría e matemáticas. O desenvolvemento das competencias nestas materias son fundamentais na axenda educativa mundial xa que na actualidade a demanda de profesionais STEM crece en maior medida que a de profesionais doutros sectores. 

Como sociedade, temos que impulsar as vocacións científicas entre os máis cativos, quenes serán os científicos e científicas que resolverán os retos aos que nos enfrontaremos nas vindeiras décadas. O foco debe estar especialmente dirixido ás nenas, xa que en España aínda persiste o “teito de cristal” no mundo académido e laboral. A presenza de mulleres en carreiras científicas limitase ao 28,5% do total, só un 21% de mulleres ocupan cátedras universitarias, e apenas o 25% forman parte do profesorado investigador, segundo as conclusións do último informe Científicas en Cifras, elaborado polo Ministerio de Ciencia e Innovación. Cifras que mostran a fenda de xénero e que non nos podemos permitir, o talento non entende de xénero e non podemos perder ao 50% da sociedade. 

AQUAE STEM

En Viaqua, conscientes desta situación levamos a cabo varias accións para fomentar a presenza e desenvolvemento do talento feminino no eido científico e tecnolóxico. O noso compromiso comeza coas nenas, desenvolvendo para elas e xunto coa nosa fundación, Fundación Aquae, o programa educativo Aquae STEM. Dirixido a escolares de 2º a 6º de primaria, na actualidade está integrado no plan curricular de 7 colexios de 3 cidades galegas. Máis alá de cifras, a diferenza fundamental con outros programas educativos STEM, é o seu método de aprendizaxe, que converte ás estudantes nas protagonistas, proporcionándolles experiencias didácticas, fomentando a confianza nas súas capacidades científico-tecnolóxicas e mostrándolles referentes femininos destas áreas, logrando propiciar o interese das escolares por estas carreiras universitarias.

Aquae STEM fomenta a presenza e o desenvolvemento feminino no campo científico e tecnolóxico

FP DUAL

Para afianzar ese traballo de base que facemos, levamos anos apostando pola FP Dual como a mellor opción formativa para un emprego de calidade. En colaboración co CIFP Politécnico de Santiago, o CIFP Ferrolterra e recentemente co Centro Galego de Innovación da Formación Profesional Eduardo Barreiros promovemos esta modalidade formativa. A FP Dual combina a formación no centro educativo coa actividade na empresa, un modelo educativo clave para combater o desemprego xuvenil e favorecer a recuperación económica, xa que conta cunha cociente de inserción laboral superior ao 70% entre os mozos de menos de 25 anos.  O éxito deste modelo educativo, baseado na colaboración entre administracións públicas, centros educativos e as empresas, permite axuntar emprego, talento e produtividade. Un espazo onde o talento femenino ten máis cabida ca nunca e un lugar idóneo para desenvolverse profesionalmente nas diferentes áreas coas que contamos en Viaqua. 

Alumnado da FP Dual visita  as nosas instalacións como parte da súa formación 

EQUIDADE E INCLUSIÓN NUNHA CONTORNA DE CONFIANZA

Todo este traballo segue de portas cara dentro, defendendo unha ocupación de calidade que favoreza a igualdade de oportunidades, a accesibilidade e a inclusión, ademais da dixitalización e o desenvolvemento do talento. Apostamos pola promoción dunha contorna de traballo onde prevaleza a igualdade de oportunidades na selección, formación, retribución e desenvolvemento de carreiras profesionais sen distinción de xénero, asumindo compromisos e implantando as políticas precisas para logralo. Froito deste traballo contamos cun 40% de mulleres ocupando postos de liderazgo na empresa ou a posta en marcha do II Acordo Voluntario de Medidas de Conciliación da Vida Familiar, Persoal e Laboral. 

Asumimos todos estes compromisos e traballamos día a día para que sexan unha realidade na nosa empresa e na sociedade. Temos por diante grandes retos aos que enfrontarnos e temos que contar co compromiso e talento de todos e todas. Non podemos deixar pasar a oportunidade de cambiar o mundo e levar a cabo a necesaria transición ecolóxica, dixital e social que necesitamos para lograr unha sociedade máis sostible e resiliente.