Publicador de contidos

Viaqua premia ao seu persoal por participar en accións para minimizar a pegada de carbono

Os premios Low Carbon Employee puxéronse en marcha con motivo do Dia Internacional Contra o Cambio Climático e premian iniciativas que xeren novos hábitos cun impacto positivo para o medioambiente

Viaqua entregou os premios correspondentes á primeira edición dos ‘Low Carbon Employee’, certame dirixido a xerar hábitos cun impacto positivo para o medioambiente entre o persoal da súa sede territorial situada en Santiago, AquaHub A Vila da Auga. Esta iniciativa púxose en marcha o pasado 24 de outubro, con motivo do Día Internacional Contra o Cambio Climático.

Os ‘Low Carbon Employee’ seguen reforzando o compromiso de Viaqua cos seus Obxectivos de Desenvolvemento Sostible e cos ODS propostos na Axenda 2030 das Nacións Unidas, trasladándoos en forma de pequenos retos que incentiven accións persoais que propicien novos hábitos positivos para o medio ambiente.

O escenario escollido para a entrega foi a Vila da Auga, a nova sede de Viaqua en Galicia, e nela participou o seu director, Marcos Martín, quen calificou a iniciativa como “unha mostra do ADN da empresa que pon de manifesto o compromiso dos empregados cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible da empresa”.

A proposta poñía o foco cada semana nunha temática distinta como a redución da pegada de carbono, adoptar novos hábitos de consumo cun impacto ambiental positivo, ideas sobre mobilidade sostible  e hábitos relacionados coa economía circular. Por cada reto, seleccionáronse tres gañadores que recibiron premios como un kit de horta urbana, monitor de consumo eléctrico ou libros de temática sostible, entre outros.

Os participantes calificaron a iniciativa como “divertida, instrutiva e motivadora”. Unha das máis activas foi Alba Fernández, Técnica de Soporte de Operacións de Viaqua, que comentaba que “as iniciativas xa formaban parte da miña rutina diaria e estilo de vida, agora o reto é mantelas no tempo”.

“Normalmente consideramos que o problema de emisións de carbono é máis alleo á nosa vida cotián do que en realidade é”, expresou Teresa Alvariño, xerente de Cetaqua Galicia e gañadora dun dos premios, que opina que “con pequenas accións podemos realizar grandes cambios”.

Con todo, esta acción parece estenderse máis alá das oficinas: “No ámbito familiar intentamos seguir con algunha das propostas que aprendemos durante a iniciativa”, relatou Sonia Álvarez, técnica de Seguridade e Saúde de Labaqua.

As persoas que traballan no AquaHub A Vila da Auga, posúen unha innovadora aplicación web a través de Footprint app inc, capaz de contabilziar a pegada de carbono individual a través dunhas simples preguntas sobre os seus hábitos no entorno laboral. Unha tecnoloxía pioneira no territorio español e implementada por Viaqua recentemente, na que o equipo de Cetaqua Galicia tamén estivo involucrado.