Publicador de contidos

Viaqua recibe o Premio ‘Escolástico Zaldívar’ polas súas boas prácticas en materia de seguridade e saúde laboral durante a pandemia da COVID-19

No marco do Día Mundial da Seguridade e Saúde Laboral, que se conmemora cada 28 de abril, a Mutua Fraternidad-Muprespa celebrou hoxe a IX Edición dos Premios ‘Escolástico Zaldívar’, que teñen por obxecto recoñecer e fomentar as boas prácticas preventivas na contorna laboral, onde Viaqua foi galardoada.

Nesta ocasión, Viaqua foi galardoada na categoría Plus Prevención pola súa actuación durante a crise sanitaria destes últimos dous anos, destacando o compromiso continuo e innovador da compañía coa seguridade e saúde de todos os seus grupos de relación – tanto os propios traballadores como os contratistas, provedores e clientes-. O Premio foi recollido por Josep M. Verdejo, director de Seguridade e Saúde Laboral de Agbar, grupo empresarial ao que pertence Viaqua.

Durante a pandemia da COVID-19, Viaqua reforzou, dende o inicio da crise en marzo do 2020- todas as medidas preventivas con dous obxectivos principais: salvagardar a seguridade dos seus empregados cos máximos estándares de protección, así como asegurar a continuidade da subministración de auga á cidadanía, declarados servizos esenciais pola súa estreita relación coa saúde e a hixiene. Para logralo, adoptou un modelo de operación adaptada que incluía a presenza permanente en instalacións prioritarias da compañía en Galicia, como a ETAP do Tambre en Santiago, a ETAP do Lérez en Pontevedra ou a ETAP de Coiñás en Ourense, co fin de minimizar o risco de contaxio entre operarios e operarias e garantir a continuidade do servizo. A compañía puxo a disposición todos os medios para protexer a seguridade e saúde de todos eles mentres duraban as súas quendas, como o confinamento individual en autocaravanas completamente equipades con dieta saudable e medidas estritas de desinfección e bioseguridade nas plantas.

" "
Traballadores de Viaqua permaneceron nas instalacións prioritarias como a ETAP do Tambre

Outras accións implementadas durante a pandemia foron a realización de test preventivas de detección da COVID-19 a practicamente o 100% do cadro de persoal, o apoio psicoemocional para o persoal da compañía ou a instalación de dispositivos de monitorización de CO2 en espazos pechados críticos para comprobar os niveis de calidade de aire e ventilación. O persoal que non estaba operando en primeira liña puido manter a actividade diaria a través do teletraballo ou por vía telemática para os servizos de atención ao cliente, co obxectivo de seguir conectados, sen deixar de dar resposta e coa mesma vocación de servizo de sempre cara os seus clientes.

Durante as sucesivas ondas da COVID-19, foise adaptando e ampliando o conxunto de medidas, todas eles de carácter innovador, segundo a evolución dos datos epidemiolóxicos de cada territorio. Ademais, o grupo Agbar contou coa colaboración do Dr. Antoni Trilla, epidemiélogo experto recoñecido a nivel nacional, para o asesoramento e validación das medidas preventivas e definición dos plans de volta, de forma progresiva e escalonada, primando en todo momento a prudencia.

Coidar da seguridade e saúde dos traballadores é dende sempre unha das prioridades de Viaqua, que mellora continuamente os seus plans de acción e ferramentas para acadar o compromiso cero accidentes laborais, contribuíndo ao Obxectivo de Desenvolvemento Sostible nº8 “Traballo decente e crecemento económico” de Nacións Unidas.

No acto, celebrado vía streaming, entregáronse os premios aos gañadores de cinco categorías ordinarias (Plus Prevención – categoría na que Viaqua foi recoñecida- Falando de Prevención, Sentimos a Prevención, Mobilidade Segura e Camiñando cara o benestar) e dúas categorías extraordinarias (Premio extraordinario do xurado e Recoñecemento extraordinario á traxectoria profesional).