Publicador de contidos

Viaqua e Cetaqua consolidan a súa unión para potenciar a innovación en medioambiente en Galicia

 

" "

Viaqua e a Fundación Centro Galego de Investigacións da auga, Cetaqua, xunto coa Axencia Galega de Innovación (GAIN), manteñen a súa colaboración mediante a consolidación da Unidade Mixta “Centro de Innovación de Sistemas Avanzados de Tratamento de Auga” (CIGAT), que apostará por novos desenvolvementos tecnolóxicos a través do novo proxecto BIOFACTORÍA.

Esta Unidade Mixta, nacida no marco da Estratexia de Especialización Intelixente de Galicia (RIS3), desenvolverase durante o próximos tres anos e mobilizará un investimento de 1,86 millóns de euros, supoñendo 11 postos de traballo cualificados, 5 deles de nova creación. A Conselleria de Economía e Industria da Xunta de Galicia achegará o 30% deste investimento a través da Axencia Galega de Innovación.

A consolidación desta Unidade Mixta dá continuidade ao modelo de colaboración público-privada iniciado en 2015 e sitúa a Galicia á vangarda da innovación tecnolóxica no sector da auga. CIGAT-BIOFACTORIA ten como misión o desenvolvemento e transferencia a mercado de novas solucións tecnolóxicas que fagan efectivo o tránsito cara a novos modelos de economía circular mediante a revalorización material de diferentes correntes residuais, tanto urbanas como industriais.

No seu claro compromiso co territorio, Viaqua impulsa a investigación, o desenvolvemento e a innovación en Galicia a través da súa estreita colaboración con Cetaqua. No marco da recentemente aprobada Unidade Mixta, boa parte dos seus esforzos centraranse na moderna EDAR de Ourense, a cal situarase como unha instalación pioneira a nivel mundial no campo da biorrefinería, é dicir, na obtención de produtos de alto valor engadido baseados no carbono non obtidos do petróleo.

A recentemente publicada Memoria 2018 resume a actividade I+D+i anual da Unidade Mixta CIGAT: Memoria Final CIGAT 2018