Publicador de contidos

Viaqua e o Concello de Pontevedra asinan o contrato para a xestión do servizo de auga na cidade durante os próximos 20 anos

" "

Viaqua xestionará o servizo municipal de auga de Pontevedra ata o 2038. Trátase dunha das concesións máis estratéxicas coas que a empresa conta na comunidade galega e na que continuará traballando durante dúas décadas máis, tras gañar o concurso de adxudicación ao que se presentaron unha decena de empresas do sector.

A firma do contrato tivo lugar no   Concello de Pontevedra o pasado 20 de setembro coa presenza do alcalde da cidade, Miguel Ángel Fernández Lores; o concelleiro de Facenda e Medio Ambiente, Raimundo González Carballo; o conselleiro delegado de Viaqua, Ismael Olmedo e o Director de Viaqua, Julio  Masid. 

Durante o acto, o acalde destacou que no Concello están moi “contentos con este contrato xa que supón un incremento en calidade e cantidade do servizo”. Así mesmo, Fernández Lores agradeceu a Viaqua o esforzo por presentar unha oferta económica que supoñerá “un salto adiante na mellora do servizo en beneficio dos pontevedreses”, introducindo “novas tecnoloxías” e dotándoo de importantes melloras ao prezo máis competitivo de entre todas as cidades galegas. Na mesma liña, Julio Masid, subliñou a aposta polas novas tecnoloxías e o importante esforzo de investimento que vai realizar Viaqua para facer que a cidade se converta nun “escaparate” de xestión eficiente e sustentable da auga para outros municipios. Pola súa banda, Ismael Olmedo sinalou que o modelo de xestión público-privado polo que apostou Pontevedra é o “máis eficiente”, e proba diso é que a competencia entre as empresas que se presentaron ao concurso, obrigou a que todas elas presentasen as mellores ofertas posibles.

Entre as 500 actuacións que a empresa vai realizar durante os próximos 20 anos, destacan o abastecemento ao novo hospital Montecelo, completar o saneamento da zona rural, poñer en marcha un laboratorio propio certificado para o control da calidade da auga, a construción dunha minicentral eléctrica ou levar o control das 240 fontes da cidade.