Comprendendo as tarifas
 

As tarifas para a xestión de auga e canon da auga, elabóranse tendo en conta as características específicas do municipio de Santa Comba e a lexislación vixente.

O municipio de Santa Comba caracterízase por uns recursos hídricos limitados. De aí que se aplique a facturación por tramos de consumo, para facturar aos usuarios en función do gasto de auga e cunha tarifa crecente, para fomentar un consumo racional. Os ingresos que se derivan das tarifas deben cubrir tanto os custos periódicos de xestión do servizo como os investimentos realizados nas infraestruturas que o municipio precise.

A estrutura tarifaria do servizo de auga e saneamento ten dúas partes diferenciadas:

  • A parte variable, que se factura en función do consumo e por tramos, tendo en conta os m3 consumidos.
  • A parte fixa denominada cota de servizo, que se paga en concepto de dispoñibilidade inmediata e acceso permanente ao servizo.

Para coñecer as tarifas de auga prema no seguinte enlace:

O canon da agua é un tributo propio da comunidade autónoma de Galicia, con natureza de imposto.

A factura da auga pode incluir diferentes conceptos. A continuación, recóllense exemplos do que representaría o prezo por litro dunha factura de 7, 15 e 30m³ de consumo de auga doméstica (1m³ = 1.000 litros).

  Consumo de 7 m³ Consumo de 15 m³ Consumo de 30 m³
€/litro 0,00065 0,00030 0,00038
€/1.000 litros 0,65 0,30 0,38