Publicador de contidos

Finaliza EDAR 360, el proyecto que acerca la inteligencia artificial al tratamiento de aguas depuradas en Galicia

 

Esta mañá concluía o proxecto EDAR 360, liderado por VIAQUA e apoiado pola Xunta de Galicia mediante o programa ConectaHubs, coa celebración dun evento en liña de presentación dos resultados obtidos.

O obxectivo principal desta iniciativa foi dixitalizar o sector da auga mediante o desenvolvemento de solucións intelixentes que permiten o control e a optimización dos procesos de depuración de augas residuais, aliñándose así coas directrices europeas que promoven a modernización do sector da auga a través da innovación e a dixitalización. 

Neste encontro en liña con máis de 90 asistentes, Leticia Rodríguez, directora de Desenvolvemento Sostible de Viaqua, sinalou que “a dixitalización das EDAR achegará, entre outros, optimización de procesos, resposta temperá a posibles eventualidades e novos e futuros desenvolvementos”. 

SYSPRO e EDNON, socios do proxecto, centraron as súas presentacións nas súas áreas de actuación: a aplicación da robótica industrial na xestión das augas, a través do uso dun brazo robótico para a toma de imaxes, e a ciberseguridade, mediante a utilización da intelixencia artificial (IA),  aplicada á depuración, respectivamente. 

Pola súa banda, os centros de investigación que colaboran no proxecto, Cetaqua Galicia e o Instituto Tecnolóxico de Galicia (ITG), falaron sobre as técnicas de Computer Vision como un dos ámbitos da IA con maior potencial de impacto no mundo da auga. Neste sentido, as tecnoloxías desenvolvidas permitiron tanto detectar eventos negativos para o proceso de depuración, como verteduras ou escumas,  e o consecuente envío de alarmas asociadas aos mesmos, o que se traduce nunha resposta máis rápida e efectiva, e por tanto, nunha xestión máis eficiente da auga. As solucións innovadoras desenvolvidas foron validadas en diferentes instalacións operadas por Viaqua, coa fin de garantir a replicabilidade dos resultados obtidos. 

Cun orzamento total de 1.080.387,70 euros, EDAR 360 está enmarcado no programa Conecta Hubs 2021, subvencionado pola Axencia Galega de Innovación (GAIN) e cofinanciado con cargo a Fondos FEDER no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, ademais de recibir o apoio da Vicepresidencia Segunda e da Consellería de Economía, Empresa e Innovación da Xunta de Galicia.