Publicador de contidos

O CPEIG recoñece a rede Dinapsis de Viaqua co Premio Obxectivos de Desenvolvemento Sostible

O Colexio Profesional de Enxeñaría Informática de Galicia (CPEIG) celebra esta noite a XIV Noite da Enxeñaría Informática de Galicia. Nesta edición crearon a categoría Obxectivos de Desenvolvemento Sostible, onde premian a Viaqua, empresa galega líder na xestión do ciclo da auga da nosa comunidade con máis de 750.000 habitantes aos que presta os seus servizos, e o grupo Sing da UVigo, formado por investigadores da ESEI do Campus de Ourense.

O CPEIG destaca o labor que está realizando Viaqua no campo do Desenvolvemento Sostible coa integración dos ODS marcados pola ONU na súa estratexia empresarial e a posta en marcha de proxectos de innovación como a rede Dinapsis, a aposta de Viaqua pola transformación dixital na xestión da auga e medio ambiente en Galicia.

Viaqua foi premiada por impulsar o modelo Dinapsis como un ñaelemento de transformación das cidades e municipios, avanzando e favorecendo un ecosistema urbano sostible, resiliente e próspero. Para logralo, a empresa aposta pola transformación dixital para a xestión da auga a través desta rede de hubs coa incorporación de novas tecnoloxías como o Internet of Things, os xemelgos dixitais, Big Data, Intelixencia Artificial, Computer Vision ou Machine Learning, destinados a incrementar a eficiencia na prestación de servizos e mellorar o rendemento de todos os activos que forman parte das infraestruturas.14 Noite da enxeñaría en informática de Galicia. 1 de julio 2022. Santiago de Compostela.

O noso director, Marcos Martín, recolleu o premio na Noite da Enxeñaría

Ao acto de entrega deste recoñecemento acudirá o director de Viaqua, Marcos Martín, que pon en valor o “esforzo que realiza a empresa para despregar esta rede” e tamén destaca que “a integración dos ODS na estratexia da empresa demostrámolo cada día coa posta en marcha de proxectos e adopción de tecnoloxías que nos axudan a mellorar a xestión do ciclo integral da auga e dar un mellor servizo a todos os galegos e galegas”.  

A rede Dinapsis desprega solucións dixitais de referencia para a transformación dixital da xestión da auga e a saúde ambiental dos territorios. Os hubs Dinapsis teñen como obxectivo xestionar en tempo real os servizos e activos relacionados co ciclo integral da auga e a saúde ambiental dende os centros de control operativos. Para logralo, tecen unha rede de alianzas con distintos actores como startups, universidades, administración, centros tecnolóxicos ou empresas. Un proxecto que segue sumando recoñementos e que xa foi seleccionada en decembro de 2020 como unha das iniciativas empresariais destacada polo seu compromiso ante o cambio climático nos 101 Exemplos Empresariais de Accións #PoloClima.

O despregue da estratexia Dinapsis a nivel nacional ten, de momento, como resultados un aforro da emisión de 5.497 toneladas de dióxido de carbono, o tratamento anual de máis dun billón de litros de auga residual, 24 megavatios de biogás xerado ao ano, máis de 4.000 sensores controlados na rede, máis de 7.000 estacións de capturas de datos, máis de 67.000 quilómetros de rede sensorizada, máis de 2 millóns de contadores de telelectura instalados, 10 algoritmos predictivos deseñados para controlar os procesos operativos clave no ciclo integral da auga, e 4,5 millóns de litros ao ano aforrados coa xestión dixital de consumos.