Viaqua recoñecida nos premios San Telmo 2019
Onte tivo lugar na Cidade da Cultura de Santiago a entrega dos Premios San Telmo, correspondentes ás edicións 2017 e 2019, que concede o Colexio de Enxeñeiros, Camiños, Canles e Portos de Galicia.
Os “Interceptores xerais da marxe dereita da ría de Ferrol”, cuxas obras foron executadas por ACUAES, conseguiron un accésit polas melloras ambientais xeradas e a sustentabilidade das súas formulacións, así como Viaqua foi recoñecida como empresa pola posta en marcha das obras unha vez finalizadas.
A actuación “Interceptores xerais da marxe dereita da ría de Ferrol”, en funcionamento desde abril de 2017, na que traballan 6 persoas de Viaqua, supuxo un investimento de máis de 54,3 millóns de euros e incluíu a construción de 11 tanques de tormentas, unha rede de colectores de 25,4 quilómetros e a estación reguladora de Ou Porto. ACUAES executou as obras necesarias para completar o sistema de saneamento da ría de Ferrol e poder así cumprir cos requirimentos da Directiva 91/271/CEE sobre saneamento de augas residuais.
Ao acto de entrega asistiron, entre outros, o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo; a subdelegada do Goberno na Coruña, Pilar López-Rioboo, o presidente do Colexio de Enxeñeiros de Camiños, Canles e Portos, Juan Antonio Santamera; así como a directora xeral de ACUAES, Rosa Cobo.