Publicador de contidos

A auga de Betanzos é declarada APTA para o consumo humano

O Concello de Betanzos levantou hoxe, 03 de agosto, as restricións de uso vixentes para inxesta, preparación de alimentos e hixiene bucodental, unha vez a Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia declarou “apta para o consumo” a auga distribuída no municipio.

Desde o primeiro momento, Viaqua traballou de forma ininterrompida, e en coordinación co Concello e a autoridade sanitaria na elaboración e execución de plans de actuación, acompañados de plans analíticos reforzados e continuos.

O mesmo día no que se declarou a auga non apta, Viaqua, xunto ao Concello de Betanzos, puxo a disposición da cidadanía a distribución gratuíta de auga potable, a través de tres camións cisternas colocados en diversos puntos do municipio. 

Viaqua seguirá un plan de vixilancia específico e continuará mantendo un exhaustivo control da calidade da auga distribuída na cidade, garantindo a vixilancia dos parámetros óptimos para o seu consumo.