Publicador de contidos

O Certame Literario “Relatos de auga intelixente” de Viaqua cumpre 10 anos

Máis de 3.500 mozos participaron na historia do Certame Literario e Viaqua anima aos colexios a participar na décima edición

Os premios del X Certame Literario de Viaqua irán destinados ao apoio do comercio local e haberá un evento especial de celebración para os premiados

Viaqua presenta a décima edición do seu Certame Literario “Relatos de Auga intelixente”, dirixido a alumnos e alumnas de entre 12 e 17 anos, que cursen estudos de ESO ou Bacharelato/FP, en municipios nos que a empresa presta o servizo de subministración de auga.

A temática da décima edición é “Un día sen auga”: como sería un día no que a auga non estivese dispoñible no teu municipio. "O obxectivo deste certame é sensibilizar aos participantes sobre a presenza omnipresente da auga nas nosas vidas e fomentar o seu coidado e preservación. Nun contexto actual onde o cambio climático está a afectar cada vez máis a cantidade e calidade da auga dispoñible, é crucial que tomemos conciencia da necesidade dunha xestión avanzada e a aplicación de novas tecnoloxías para garantir a súa dispoñibilidade no futuro.” declara Sonia Delpont, directora de comunicación de Viaqua. 

Ao longo da historia do Certame Literario “Relatos de auga intelixente” participaron máis de 3.500 alumnos e alumnas de toda Galicia.  A empresa galega fai un chamamento aos colexios para que participen nesta edición especial lembrando que haberá un total de 19 premios, valorados en máis de 1.500€, que repartirán en “Vales” por 150€ (1º premio), 75€ (2º premio) e 50€ (terceiro premio), para trocar no comercio local, tanto en produtos deportivos, de papelería ou libraría e/o tecnolóxicos. Ademais, o centro educativo que presente un maior número de relatos de calidade recibirá un lote de libros relacionados coa temática auga e medio ambiente. Os premios entregaranse nun evento final de celebración dos 10 anos 

O alumnado interesado en participar poderá enviar os seus relatos curtos, de máximo 200 palabras, ao correo certamenviaqua@gmail.com ata o 12 de xaneiro de 2024. Como nas últimas edicións, este certame quere potenciar a creatividade dos nenos e nenas propoñendo dúas modalidades de participación: relato curto clásico ou relato curto creativo, neste último poderán tirar de imaxinación enviando relatos curtos en formato poesía, cómic, fotografía e texto, entre outros, que non superen as 200 palabras. 


Consulta todos os requisitos e premios descargando as bases.