Publicador de contidos

Comezamos os traballos de acondicionamento dos ríos Sar e Sarela coa ecobrigada da Asociación Amicos

Esta semana iniciamos os traballos de acondicionamento dos ríos Sar e Sarela no Concello de Santiago coa colaboración da ecobrigada da Asociación Amicos. Estes traballos, que se prolongarán durante dous meses, son a primeira acción conxunta que realizamos con Amicos logo da firma do convenio de colaboración do pasado 14 de marzo.

As ecobrigadas son unha iniciativa de economía social que se integra á perfección na axenda e obxectivos que traballamos dende ambas entidades. Unha colaboración que ten un impacto inmediato axudando a manter os postos de traballo de 25 persoas con discapacidade intelectual.

" "
Membros da ecobrigada realizando tarefas de limpeza no río Sar

Froito desta recente alianza, ademais da ecobrigada, póranse en marcha outras accións conxuntas para a protección do medioambiente, transformación social e accións educativas e divulgativas.

Dende Viaqua apostamos pola economía social e a contratación responsable, así como manter políticas activas e reais de RSC. Neste sentido, esta acción dá resposta ás inquietudes sociais e de inclusión de persoas, así como ás relacionadas co coidado do medioambiente, a conservación de espazos e a xestión do ciclo da auga nos concellos onde estamos presentes.