Publicador de contidos

A protección da biodiversidade é un reto inaprazable para o futuro do planeta e das persoas

Cada 22 de maio celebramos o Día Mundial da Biodiversidade, unha xornada para concienciar e impulsar accións que restauren e coiden os ecosistemas naturais. O primeiro paso que debemos levar a cabo é un exercicio de reflexión con nós mesmos e reexaminar a nosa relación co medio natural. Temos que ter clara a idea de que dependemos por completo de ecosistemas saudables que nos garantan auga, alimentos, medicamentos ou enerxía. O seu coidado e protección repercuten directamente na nosa saúde e na do planeta.

 “Construír un futuro compartido para todas as formas de vida” é o lema escollido este ano, un xeito de promover a idea de que a biodiversidade é fundamental para equilibrar o clima, mellorar os problemas de saúde alimentaria e hídrica e axudar a preservar o ciclo integral da auga.

Pero, tan mal o estamos facendo? Aquí tes uns datos sobre como repercute o noso modo de vida no medio natural:

  • A actividade humana alterou o medio ambiente terrestre un 75% e o mariño un 66%.
  • Un millón de especies de animais e vexetais están en perigo de extinción.
  • Na Unión Europea, o 73% dos ecosistemas de auga doce (ríos e lagos) teñen un estado de conservación desfavorable e as zonas húmidas diminuíron un 51% dende 1970.

En Viaqua, empresa cunha traxectoria de máis de 50 anos, ofrecemos solucións innovadoras ao redor da xestión sostible da auga, os recursos naturais e a saúde ambiental para as cidades, a agricultura e a industria, en liña coa folla de ruta da Axenda 2030 e os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) de Nacións Unidas.

Como empresa galega que que xestiona un recurso natural clave para máis de 765.000 persoas, en preto de 50 municipios, e para preservación da biodiversidade, recoñecemos a necesidade de implicarnos na transformación do modelo de desenvolvemento para contribuír á construción dunha sociedade saudable, na que a diversidade biolóxica é un compoñente esencial do desenvolvemento sostible.

Comprometémonos a garantir que as nosas estratexias, obxectivos e metas contribúan á recuperación da natureza, traballando para transformar as instalacións do ciclo da auga en infraestruturas verdes que sirvan de apoio ao ecosistema no que están ubicadas e favorezan os servizos que nos ofrece a natureza.

No ámbito da biodiversidade, o noso compromiso céntrase en:

  • Conservación e mellora da biodiversidade en espazos sensibles ou singulares. Realizamos diagnósticos de biodiversidade nas plantas de tratamento de auga co fin de implementar plans de accións de biodiversidade.
  • Cero fitosanitarios e pesticidas. O 100% das nosas instalacións están libres de estes compostos que son unha grave ameaza para a biodiversidade pola súa alta toxicidade, ademais de ser unha das principais causas da perda de insectos polinizadores.  
  • Loita contra especies exóticas invasoras. Como parte da nosa estratexia, comprometémonos a controlar estas especies en tódalas instalacións que xestionamos. Con este obxectivo creamos e desenvolvemos o programa BIObserva STOP-invasoras para a xestión das especies de flora invasora que permite a identificación, mapeo, avaliación do risco, desenvolvemento de plans de control e seguimento e que tamén poñemos a disposición da cidadanía a través da páxina web do programa onde se poden consular os datos.

Como ves, a perda de biodiversidade non é un problema alleo, senón todo o contrario: os ecosistemas sustentan todas as formas de vida da Terra. O seu coidado e protección son fundamentais para a nosa saúde, para garantir a calidade dos alimentos e da auga e para reducir a contaminación. Empeza hoxe asumindo o teu compromiso cos 3R: reducir, reutilizar e reciclar e ir mudando os teus hábitos de consumo para protexer a biodiversidade, co compromiso e axuda de todos e todas, podemos facelo!