Publicador de contidos

Viaqua intensifica as tarefas de mantemento da rede de Santiago

No último mes Viaqua está intensificando as tarefas de mantemento da rede de Santiago de Compostela, as cales realiza en continuo ao longo do ano. En concreto, está a realizar limpezas diarias dos sumidoiros ubicados en zonas identificadas como críticas frente ás inundacións. Entre estas zonas atópanse: Vieiro, Avda. Lugo, Clara Campoamor, Castiñeiriño, Fonseca, Franco, San Clemente, Rúa do Vilar, Frai Rosendo Salvado, Montero Ríos, Rúa dos Irmandiños, Varela Montes, Avda. Liberdade, Pombal, Carmen de Abaixo, zona do Instituto de Consumo, Sar, Rúa Escultor Camilo Otero, Campas de San Xoan, Fonseca, Vite, Santa Clara e Polígono Tambre, entre outras. 

Persoal operario de Viaqua realizando tarefas de mantemento e limpeza dos sumidoiros en Santiago

Os sumidoiros son elementos urbanos que teñen como obxectivo recoller a auga procedente da chuvia e a derivan á rede de alcantarillado. Están deseñados para abarcar un determinado caudal, polo que a súa capacidade de drenaxe vese limitada cando as chuvias son intensas e concéntranse nun corto período de tempo, sumado a que se colman de residuos arrastrados polas precipitacións.

O Concello fai un chamamento á cidadanía para que fagan un uso correcto dos sumidoiros, evitando algúns comportamentos como tirar cabichas, papeis, latas, plásticos ou verter a auga logo de fregar, poden provocar atascos, malos olores e contaminación nos mares e ríos. 

Residuos que Viaqua atopa na limpeza de sumidoiros da rede de Santiago 

“En Santiago contamos cuns 14.000 sumidoiros, onde cada ano se intervén para solucionar máis de 200 atascos. Temos que sensibilizar á poboación de que os sumidoiros non son unha papeleira, o que tiramos por eles chega directamente ao cauce dos nosos ríos. É moi importante que a rede de sumidoiros recolla soamente auga de chuvia”, declara Ana Tejeiro, xerente de Viaqua en Santiago de Compostela.